Reaccións políticas Pazo de Meirás: Gómez Reino di que todo o que roubaron os Franco "debe ser para os galegos"

Suliña que a recuperación sería "o primeiro paso para a normalización democrática".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 06/07/2020 | Actualizada ás 10:46

Comparte esta noticia

O candidato de Galicia En Común-Anova Mareas á Presidencia da Xunta, Antón Gómez-Reino, considera que a recuperación do Pazo de Meirás, a través do xuízo que arrinca este luns na Audiencia Provincial da Coruña, sería "o primeiro paso para a normalización democrática". "Chega tarde, pero ten que chegar inmediatamente", reclamou.

En declaracións aos medios, Gómez-Reino esixiu a devolución de todas as propiedades que, dixo, "nos anos de espolio foron roubadas pola familia Franco". Entre elas, mencionou a Casa Cornide, na Coruña, e resaltou que todas deberían ser "para uso e goce dos galegos". Confía en que o xuízo sexa "o primeiro paso" para conseguilo.

O candidato de Galicia En Comú-Anova Mareas agradeceu o labor de distintas asociacións pola memoria histórica na loita pola recuperación do Pazo de Meirás e outras propiedades e prometeu que, se gaña as eleccións, o seu Goberno será "o da memoria democrática".

Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino, de En Común, ofrecen declaracións aos medios nas inmediacións do Pazo de Meirás, en Sada (A Coruña). EN COMÚN - Arquivo
Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino, de En Común, ofrecen declaracións aos medios nas inmediacións do Pazo de Meirás, en Sada (A Coruña). EN COMÚN - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta