"Poñen ós pacientes recén operados con posibles casos de covid", a denuncia dun usuario do hospital Montecelo

Un mozo afea á Consellería o peche da planta do Hospital na que se recuperaba dunha operación por "falta de ersoal". Nun fío de Twitter, relata como tivo que desprazarse a unha habitación "con pacientes de diversas patoloxías", entre eles posibles casos de coronavirus.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/07/2020 | Actualizada ás 08:35

Comparte esta noticia

O pasado 3 de xullo, o usuario de Twitter @xacoprol atopábase na planta 5 do hospital Montecelo recuperándose logo dunha intervención na que tiveron que extirparlle a vesícula biliar. Segundo relata o mozo a través das redes sociais de GC, a súa particular odisea comezou cando, arredor das 15 horas dese día anunciáronlle que pechaban a planta "por falta de persoal" e que tería que abandonala. 

Hospital Montecelo
Hospital Montecelo | Fonte: arquivo

O mozo, que nese momento se atopaba "só, coa vía da medicación posta e coa cánula de drenaxe", tivo que recoller as súas pertenzas "como puido" para ser traladado "a toda présa" á Unidade de Corta Estancia do centro hospitalario pontevedrés. "Aos traballadores da planta avisáronos dende dirección con media hora para desaloxar", apunta o rapaz, que tivo que pasar o resto da xornada "entre cortinas", rodeado de persoas con distintas patoloxías e cun só baño dispoñible.

"Entendede que a causa da miña ciruxía preciso ir con asiduidade ao wc, e a cánula de drenaxe doe ao camiñar, e non tiña precisamente o baño ó lado", apunta o mozo, que afea directamente á Consellería de Sanidade o peche da planta, á que sería trasladado "á noitiña" logo de facerlle chegar as súas queixas ó persoal sanitario. 

O rapaz, que explica que se decidiu a facer público o seu caso para "visibilizar a situación actual á que as autoridades teñen sometida a sanidade pública", recalca o "bo facer e trato" de todo o persoal sanitario do hospital á par que carga directamente contra a Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta