Villacís aposta por un goberno galego de coalición "rico e diverso" como o do Concello de Madrid

Insiste en pedirlle ao Goberno central controis nos aeroportos.

Por E.P. | A CORUÑA | 06/07/2020 | Actualizada ás 12:59

Comparte esta noticia

A vicealcaldesa de Madrid, Begoña Villacís, aposta por un goberno galego de coalición tras as eleccións do próximo día 12, que sexa "rico e diverso" como o que forma o seu partido, Cs, co PP no Concello de Madrid. Nun acto na Coruña coa candidata da formación laranxa en Galicia, Beatriz Pino, afirmou que "os gobernos en solitario están chamados a desaparecer".

Villacís, en declaracións aos medios, cre que Galicia necesita "un cambio" para ter "novas ilusións" e considera que "se poden seguir facendo cousas boas" en Galicia. Pon como exemplo o caso de Madrid: "Os cidadáns valoraron a xestión do Concello e sacamos moi boa nota".

"Cando traballamos conxuntamente, de forma leal e achegamos os dous partidos, o que facemos é enriquecer moito a política", asegurou a representante de Cidadáns, que subliñou que é "importante" que haxa "unión" en España. "Ser capaces de entendernos", agregou.

Begoña Villacís e Beatriz Piñeiro nun acto electoral na Coruña. CIUDADNAOS
Begoña Villacís e Beatriz Piñeiro nun acto electoral na Coruña. CIUDADNAOS | Fonte: Europa Press

CONTROIS AEROPORTOS

Por outra banda, a vicealcaldesa de Madrid, Begoña Villacís, esixe ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, que haxa controis nos aeroportos españois fronte ao coronavirus para "garantir a saúde dos cidadáns". Denunciou que, tras pasar por dous aeroportos nunha mañá, non pasou "ningún tipo de proba".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta