A Xunta defende a súa "precoz" actuación na Mariña e suxire, agora, que o foco é importado

Manterá as restricións ata o venres sen descartar aumentalas. Tráfico avisa da presencia de controis aleatorios nas estradas entre a provincia da Coruña e a comarca mariñá.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/07/2020 | Actualizada ás 13:27

Comparte esta noticia

A Xunta márcase os 5 días decretados de confinamento como prazo máximo para decidir se as medidas impostas "hai que mantelas, amplialas ou reducilas". Así o sinalou o xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa, nunha entrevista na Radio Galega,recollida por Europa Press, na que incidou que o limiar dos 5 días veu establecido por parte da Xunta.

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, durante unha rolda de prensa
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, durante unha rolda de prensa | Fonte: CONCHI PAZ

O abano dos 5 días, duramente criticado por alcaldes da comarca, é para o xerente do Sergas "un prazo razoable" para comprobar a eficacia dos límites impostos. "En cinco días veremos se as persoas que detectamos desenvolven sintomatoloxía e se converten en casos ou se manteñen sen clínica e sen infección", comentou. Fernández-Campa defendeu tamén a actuación do Servizo Galego de Saúde ao indicar que o rexistro do contaxios "foi suficientemente precoz para que non tiveseO xerente do Sergas defende a "precocidade" coa que actuou a Xunta e valora a posibilidade que os casos sexan importados. n transmisión" máis alá da comarca, segundo recolle EP.

En liña con estas declaracións, o responsable do órgano dependente da Consellería de Sanidade destacou o "sistema de control e vixiancia" co que Galicia conta para "ver as decisións que se poden tomar", decisións que Fernández Campa opta por desenvolver "día a día" e sendo "moi cautos".

EXAMES DE CONDUCIR

Esta chamada á calma coincide cos primeiros peches de espazo públicos -principalmente parques e prazas- e a chegada de suspensións administrativas como a que vén de anunciar Tráfico, que suspende temporalmente os exames de conducir na comarca lucense. O peche provisional do acceso ás probas, indican dende a Xefatura Provincial, atinxe tanto ás probas teóricas como prácticas. 

En total, Tráfico tiña previsto desenvolver 153 probas entre exames prácticos e teóricos, que terán que agardar ó desconfinamento da Mariña para ser desenvoltos nas medidas de protección que xa aplican no resto do territorio do estado. Os aspirantes deben ir provistos de luvas e facer un correcto uso da máscara en todas as probas e espazos establecidos na normativa sanitaria, utilizar xel hidroalcohólico cando se indique e manter a distancia interpersoal.

CONTROIS A AMBOS LADOS DA PROVINCIA

Coa fin de verificar que o foco da Mariña non se espalla ó resto de comunidades autonómas, Tráfico anunciou a imposición de controis na A-8 ao seu paso polo municipio limítrofe de Ribadeo. Segundo informan a Europa Press fontes do Instituto Armado, tamén serán dispostos controis aleatorios nas estradas que conectan a provincia da Coruña coa comarca lucense da Mariña.

CASO IMPORTADO

Neste contexo, o xerente do Sergas destaca a posibilidade de que "as persoas que manifestaron sintomatoloxía non sexan a orixe do foco, senón que este fora adquirido a través dun contacto relacionado". Na mesma intervención destacou o papel turístico da comarca mariñán, incidindo en que o foco se atopa nunha zona "na que existen persoas que acceden de fóra da comunidade" como "visitantes ou persoas que estiveron fóra de Galicia que poden telo".

Con todo, o xerente do Sergas incidiu en que "o risco existe permanentemente en calquera lugar" e lembrou os case medio centenar de brotes en España. "O virus continúa aí e temos que manter a prevención e precaución", sentenciou, para lembrar que coa mobilidade "o risco aumenta".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 patético

Jo d e r.... son unos fenómenos... nada é culpa deles... as caixas (a crise), fenosa (madrid), alcoa (madrid), sanidade (a crise e madrid), residencias (madrid), contaxios (importados)... médicos contaxiados (tomar café e ir de congresos) a lo loco!!!! hai que explicarlle a oposición como ten que facer oposición?????????? ou é que non quere gobernar????