O concello asturiano de Valdés suspende os mercados e pecha albergues pola COVID-19 na Mariña

O Concello de Valdés revisará xunto coas autoridades sanitarias e atendendo á evolución do rebrote da Mariña, as autorizacións de eventos festivos para o mes de agosto.

Por E.P. | A Mariña | 06/07/2020 | Actualizada ás 16:44

Comparte esta noticia

O Concello de Valdés suspendeu os mercadillos de venda ambulante e decidiu pechar os albergues de peregrinos de Almuña e Cadavedo polo rebrote de COVID-19 na Mariña.

O alcalde deste concello do Occidente asturiano, Óscar Pérez Suárez, publicou un bando onde explica que estas medidas buscan preservar e garantir a seguridade e a saúde dos veciños tras os máis de cen casos detectados nos concellos costeiros galegos que lindan con Asturias, cuxa comarca foi confinada pola Xunta de Galicia.

Así, ademais de suspender os mercadillos e os albergues municipais como medida para diminuír riscos, o Concello de Valdés revisará xunto coas autoridades sanitarias e atendendo á evolución do rebrote da Mariña, as autorizacións de eventos festivos para o mes de agosto, como a sardiñada ou a repartición do bollu de San Timoteo.

Hospital Público da Mariña. AXM
Hospital Público da Mariña. AXM

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta