Temas: TURISMO

A Xunta aposta por reactivar o turismo de congresos en Galicia

Cultura e a Asociación de Organizadores Profesionais de Congresos de Galicia asinan un convenio de colaboración por 200.000 euros.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 06/07/2020 | Actualizada ás 19:16

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e a presidenta da Asociación de Organizadores Profesionais de Congresos de Galicia (OPC Galicia), Ana Trevisani, asinaron este luns un convenio de colaboración por 200.000 euros para impulsar a reactivación de Galicia como destino para o turismo de congresos, eventos, feiras ou reunións.

Congreso de Investigación e Innovación en Enfermidades Neurodexenerativas
Congreso de Investigación e Innovación en Enfermidades Neurodexenerativas | Fonte: Xunta.

Tras a firma, o titular de Cultura e Turismo destacou a importancia desta actividade, "fundamental no modelo galego", ao permitir atraer un turismo urbano e de alto valor engadido durante todos os meses do ano, ademais de favorecer a desestacionalización.

O acordo inclúe unha batería de accións entre as que destaca a reactivación do portal Galicia MICE, centrado en facilitar a localización de recursos para os promotores de congresos, eventos ou reunións, iniciativas para impulsar Galicia como destino para este tipo de actividades, así como a creación dun estudio en liña na Cidade da Cultura que favorecerá a realización de eventos virtuais.

Do mesmo xeito, porase en marcha un fondo de contratación de espazos e sedes que contempla incentivos para aquelas empresas que reserven este tipo de servizos, apoiando así a organización de eventos en toda Galicia.

Ademais, Román Rodríguez informou á presidenta de OPC Galicia da resolución da liña de axudas posta en marcha pola Xunta para a captación de eventos MICE. En virtude dela, destinaranse preto de 600.000 euros para apoiar a celebración dun total de 52 eventos como congresos, feiras ou reunións. Deste medio cento de actividades, máis dunha vintena terán lugar no último cuadrimestre do ano, favorecendo a desestacionalización da actividade turística.

Temas: TURISMO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta