Temas: TROITA RíOS PESCA

Medio Ambiente realiza unha solta de 100 troitas no coto de Verdes para preservar o ecosistema do río Anllóns

Este espazo natural está catalogado como zona de especial conservación dentro da Rede Natura 2000.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 06/07/2020 | Actualizada ás 19:31

Comparte esta noticia

A conselleira de Medio Ambiente, Anxos Vázquez, participou este luns nunha solta de 100 troitas no coto de Verdes, en Coristanco, co obxectivo de preservar o ecosistema fluvial do río Anllóns, conservar esta especie piscícola pola vía da repoboación e favorecer o mantemento da práctica da pesca deportiva na zona.

Troita recén pescada
Troita recén pescada | Fonte: GC

Durante a súa visita ao coto coruñés, a responsable autonómica lembrou que este espazo natural está catalogado como zona de especial conservación dentro da Rede Natura 2000 e é un lugar moi frecuentado polos afeccionados á pesca deportiva, así como por turistas e visitantes que acoden atraídos pola súa beleza natural e paisaxística.

Neste sentido, Vázquez Mejuto lembrou o traballo de control, limpeza e conservación que realiza o seu departamento cada ano nos cotos pesqueiros, consciente da importancia que teñen estes lugares á hora de garantir a preservación dos ecosistemas fluviais nunha comunidade que, lembrou, atesoura 32.000 quilómetros de ríos.

Así, no caso concreto de Verdes, polo que cada tempada pasan preto de 25.000 pescadores, a conselleira indicou que, desde o ano 2009, o Goberno autonómico leva investidos neste espazo natural e a súa contorna preto de 103.000 euros. Estes fondos traducíronse no arranxo e rehabilitación da área de recreo, en tarefas de acondicionamento do propio coto fluvial e na mellora do núcleo recreativo.

Temas: TROITA RíOS PESCA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta