Xuízo Pazo Meirás: os peritos confirman un proceso "cohercitivo" no traspaso do pazo ós Franco

Esta testemuña demostraría que a venda foi "simulada", segundo os demandantes. Os investigadores Carlos Babío e Manuel Pérez destacan a que transferencia tivo lugar con Franco en calidade de xefe do Estado e o pazo foi mantido polo Concello da Coruña.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 07/07/2020 | Actualizada ás 11:15

Comparte esta noticia

Os autores do libro 'Meirás, un pazo, un caudillo, un espolio', Carlos Babío e Manuel Pérez Lorenzo, confirmaron, no marco do xuízo do Pazo de Meirás, a existencia dun proceso "coercitivo" na adquisición do inmoble por parte da familia Franco. Segundo os investigadores, chamados a declarar no xuízo en calidade de peritos, a venda involucrou listas negras para os "malos patriotas".

Pazo de Meirás (Sada) na Coruña propiedade dos herdeiros de Francisco Franco
Pazo de Meirás (Sada) na Coruña propiedade dos herdeiros de Francisco Franco | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Á parte, e segundo a documentación dispoñible sobre o trámite, a venda teríase facturado a Franco na súa condición de "xefe do Estado", unha particularidade que casa coa existencia dun funcionamenteo "similar" ao do Palacio do Pardo, xa que o seu mantemento correu ao cargo de institucións públicas, entre elas concellos e a Comandancia de Obras.

"O Concello da Coruña vai ser unha empresa de servizos de todas as necesidades que se dean", resumiu Carlos Babío nunha declaración como testemuñas-peritas. A preguntas da avogada do Estado, ambos remitíronse á documentación de concellos, pero tamén doutros organismos, entre eles o elaborado por un tenente coronel, que cifra en "millón e pico de pesetas o recadado" a través da subscrición promovida.

"Adquíreo, amplía e mellora", engadiu Babío sobre o Xunta pro Pazo tras unha escritura, de 1938, na que se centra a demanda do Estado e pola que este organismo compra o inmoble aos herdeiros de Emilia Pardo Bázan. Segundo a tese da demandante e das demais administracións intervintes --Xunta, Deputación coruñesa e concellos de Sada e A Coruña-- isto demostraría que a súa transmisión á familia Franco en 1941 fíxose mediante unha "venda simulada".

RELEVANCIA DA INVESTIGACIÓN

Babío e Pérez aproveitaron os momentos anteriores á entrada ao xuízo para destacar a natureza "diferente" dun xuízo como o de Meirás, no que a investigación arredor dos "procesos históricos" que levaron a que o pazo estivese en mans da familia Franco, xogan un papel determinante.  "É relevante o papel das investigacións históricas e relatos do pasado para contextualizar".

Así o aseguraron pouco antes de prestar declaración no Xulgado de Primeira Instancia número un da Coruña. "Vimos pornos a disposición da Xustiza, a aclarar calquera cousa en función do traballo publicado da investigación que realizamos de todos os procesos que levaron a que esta propiedade estivese ligada á Xefatura do Estado a través de Franco", apuntou Carlos Babío.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 CastelaoPaSogama

¿Probas? ¿Onde están esas listas negras ou os resultados de estar nelas? E o informe do Tte. Cnel. é de tan boa calidade que está feito en base a "habladurías" e cotilleos. Por exemplo, é de tan pouco valor o que lle laricaban --porque papel non viu ningún-- que non sabe os nomes dos integrantes da Xunta Pro Pazo. E digo mais ¿se Meirás se mantiña polo concello da Coruña ao igual que o chalé de Bastiagueiro ¿por qué non piden ese chalé e actúan con arbitrariedade sobre Meirás? O mesmo pode reputarse con Ayete, mantido por Patrimonio Nacional, pero agora o goberno non pide que Ayete se integre en PN, de xeito arbitrario so o fan con Ayete.

1 CastelaoPaSogama

Son importantes sobre todo cando a parcialidade non leva a inventar cousas como que o Concello de Ferrol pagaba o IBI de Meirás, cousa aceptada pola Avogacía do Estado crendo que era certo e que foi desmentida polo dito concello...