Bombeiros: "a precariedade laboral pon en risco as nosas vidas todos os veráns"

Profesionais forestais reclaman unha maior profesionalización de equipos e cadros de persoal, así como un procolo anticovid único a Xunta e concellos.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/07/2020 | Actualizada ás 11:45

Comparte esta noticia

Os bombeiros galegos están en pé de guerra na loita por condicións laborais máis favorables. Os últimos en poñer o berro de denuncia son os que integran a asociación BOMFOCOGA, (Bombeiros e bombeiras forestais de Galicia). Nunha nota remitida a Galicia Confidencial lamentan que tanto a "precariedade laboral e salarial, así como en moitos casos a falta de profesionalización, poñan en risco a xente que forma parte deste colectivo".

Incendio forestal en Cuevas del Almanzora (Almería). BOMBEIROS DO LEVANTE - Arquivo
Incendio forestal en Cuevas del Almanzora (Almería). BOMBEIROS DO LEVANTE - Arquivo

En particular, a asociación amosa a súa "preocupación" a respecto dos procesos de contratación de brigadas por parte dos concellos galegos. Segundo apuntan, esta selección está poñendo de manifesto o "agravio salarial" do colectivo a respecto doutros compañeiros. "Estas brigadas municipais non cobramos ningún tipo de complemento como pode ser toxicidade", apuntan.

PROTOCOLO ANTICOVID

Á marxe destas demandas, os bombeiros forestais esixen a Xunta e FEGAMP (Federación Galega de Municipios e Provincias) a implantación dun único protocolo anticovid para facer fronte á covid porque "se cada concello ten un diferente, pode ser un caos no lume" ao que estes profesionais se enfrontan "cada verán". As esixencias sanitarias cubren tamén unha mellora do material protector, xa que "as condicións laborais en canto a instalacións ou Epis tamén deixan marxe de mellora en moitos casos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta