A Xunta, condenada por "falta de dilixencia e prevención" na morte dun axente forestal en Lugo

Enrique Casanova faleceu hai cinco anos nun incendio en Guntín. Sufría problemas de saúde e solicitara ser apartado da actividade, algo que nunca sucedeu. A sentenza tamén indica que o traballo en solitario dos axentes dificulta a asistencia en caso de accidente ou infarto.

Por Galicia Confidencial | LUGO | 07/07/2020 | Actualizada ás 12:56

Comparte esta noticia