‘Cultura no Verán’, propostas culturais e de lecer en Allariz

Unha trintena de actividades programadas ocuparán os meses de verán en Allariz. Terase en conta a limitación de aforo, que se desenvolvan en espazos acoutados, en rúas, co público sentado e con actividades ao aire libre e formatos que eviten as aglomeracións.

Por X.M. Fernández | Allariz | 08/07/2020 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O comezo das actividades será o vindeiro 11 de xullo, día de  San Bieito, e o remate, a fin de semana do 19 e 20 de setembro. No transcurso deste tempo tamén terán lugar importantes eventos para a vila como a ‘Festa da Patria Galega’ -24 de xullo-, o ‘Domingo da empanada’ -23 de agosto-,o ‘XI Encontro de cestería’ -29 de agosto-, ‘Festival RIR’ -do 2 ao 6 de setembro-, ‘Arte de man’ -12 de setembro- e ‘III Feira dos produtos apícolas’ -20 de setembro-.

Presentación de 'Cultura no Verán' en Allariz. Foto: Prensa do concello
Presentación de 'Cultura no Verán' en Allariz. Foto: Prensa do concello

As actividades do ciclo “Cultura no Verán” estarán repartidas por moitos dos espazos ao aire libre cos que conta Allariz, garantindo sempre o cumprimento das medidas de seguridade  e evitando as aglomeracións para que todas as persoas que se acheguen a gozar de calquera das actividades, o fagan con todas as garantías posibles.

Ademais dos eventos devanditos, nos que a gastronomía, a artesanía e o humor serán os protagonistas, Allariz ofrece unha chea de propostas culturais e de lecer. Este verán non faltará a música, o teatro, as exposicións, as actividades deportivas e moitos espectáculos para público familiar. O programa completo e detallado de actividades está na páxina web do Concello de Allariz.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta