Os encoros galegos están case o 80% da súa capacidade durante unha semana

En concreto, os encoros situados en Galicia conteñen 2.903 hectómetros cúbicos de auga embalsada, 64 menos que os rexistrados hai sete días.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/07/2020 | Actualizada ás 17:13

Comparte esta noticia

Os encoros galegos perderon na última semana 64 hectómetros cúbicos de auga e sitúanse ao 78,2% da súa capacidade total, segundo os datos do boletín hidrolóxico emitido este martes polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

En concreto, os encoros situados en Galicia conteñen 2.903 hectómetros cúbicos de auga embalsada, 64 menos que os rexistrados fai sete días.

Por concas, Galicia Costa está ao 79,1% da súa capacidade total, con 541 hectómetros cúbicos de auga, 20 menos que o martes pasado; mentres que os encoros da Miño Sil pedieron 75 hectómetros cúbicos, ata os 2.362, o 78% do total.

Encoro De Beche. EUROPA PRESS
Encoro De Beche. EUROPA PRESS | Fonte: REMITIDO - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta