A Xunta desinteresouse 14 anos da Variante de Carballo e licita o proxecto a 4 días das eleccións

Destina 170.500 euros a unha obra prometida en 2006.

Por Galicia Confidencial | Carballo | 08/07/2020 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

A circunvalación de Carballo, unha infraestrutura necesaria para mellorar a conexión co polígono de Bértoa e evitar o tránsito de vehículos pesados polo centro urbano de Carballo, acaba de ser licitado a cinco días das eleccións.

Feijóo e Ethel Vázquez nunha reunión telemática. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA
Feijóo e Ethel Vázquez nunha reunión telemática. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA

Unha noticia que pasaría desapercibida se non fora porque esta infraestrutura que a Xunta leva prometendo a súa execución desde hai 14 anos tal e como recolle o xornal QPC. A obra xa foi prometida no 2006, durante o bipartito, malia que ata 2013 non houbo movementos. Daquela xa prometían que ía estar en funcionamento en 2016, pero os anos pasan, e non se soubo máis ata o pasado mes de agosto, cando a Xunta anunciaba que gardaría unha partida dos Orzamentos de 2020.

Pero non foi ata este mércores, 8 de xullo, a catro días dos comicios do 12X, cando a Xunta publicou a redacción do proxecto de trazado, construción e impacto ambiental da primeira fase da Variante de Carballo, no tramo de Bértoa por un importe superior aos 170.500 euros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta