O ministro de Sanidade insta á cidadanía a "non ter medo" ao virus sen esquecer a prudencia

Respecto da obrigación de usar a máscara en toda España, incidiu en que o decreto de nova normalidade xa establecía que "era obrigatoria".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 08/07/2020 | Actualizada ás 19:48

Comparte esta noticia

O ministro de Sanidade, Salvador Illa, instou á cidadanía a "non ter medo" ao virus, pero a ser "prudentes", durante a súa participación nun acto electoral xunto ao candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero.

En declaracións aos medios, Illa incidiu en que "haberá brotes e seguirá habendo brotes" e que a clave está en "detectalos precozmente", así como actuando "con contundencia", aínda que lembrou que nestes momentos a toma de decisións é "responsabilidade das comunidades autónomas".

Preguntado se ve adecuado votar nas eleccións autonómicas do 12 de xullo na zona da Mariña --cuxa poboación está confinada por un brote--, manifestou que non lle corresponde a el "decidilo" se non "a quen convocou as eleccións".

Respecto da obrigación de usar a máscara en toda España, incidiu en que o decreto de nova normalidade xa establecía que "era obrigatoria". "Simplemente excepcionados os que por razón médica non poden ou con distancia persoal a un metro e medio", engadiu.

Xa no acto electoral xunto a Gonzalo Caballero, na zona da Torre de Hércules, volveu a facer un chamamento á poboación para que sexan prudentes.

O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, e o ministro de Sanidade, Salvador Illa. PSDEG
O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, e o ministro de Sanidade, Salvador Illa. PSDEG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta