Prosegue a busca dos dous mozos desaparecidos tras envorcar un kaiak en Porto do Son

Os rapaces desapareceron na noite do pasado luns.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/07/2020 | Actualizada ás 10:04

Comparte esta noticia

O operativo de procura dos dous mozos kayakistas desaparecidos desde este luns tras envorcar a súa embarcación na zona de Porto do Son (A Coruña) céntrase este xoves entre praia de Sieira e Cabeiro con medios marítimos, aéreos, subacuáticos e terrestres.

Así o informaron a Europa Press fontes de Salvamento Marítimo, que indicaron que no operativo por aire e mar, coordinado polo Centro de Fisterra, participarán este xoves a embarcación 'Salvamar Regulus' para apoiar aos mergulladores da Garda Civil (GEAS) e aos de Salvamento, que está previsto que se incorporen sobre as 11,00 horas coa baixamar.

A eles sumarase por aire o helicóptero 'Helimer 401' de Salvamento Marítimo sobre as 12,00 horas, mentres que cinco efectivos de Protección Civil xa saíron sobre as 6,48 horas, tres por terra e dúas nunha embarcación.

Ademais, o Centro de Salvamento de Fisterra avisou aos barcos que se atopen na zona de que "reporten calquera avistamento" que poida axudar na localización dos dous desaparecidos.

Buscan a dous desaparecidos tras envorcar un kaiak en Porto do Son (A Coruña).. SALVAMENTO MARÍTIMO
Buscan a dous desaparecidos tras envorcar un kaiak en Porto do Son (A Coruña).. SALVAMENTO MARÍTIMO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta