Segundo morto nun accidente de tractor esta semana

Xa son catro os falecidos en menos dun mes por estes motivos.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 10/07/2020 | Actualizada ás 10:05

Comparte esta noticia

Un home foi localizado sen vida debaixo dun tractor envorcado no municipio pontevedrés de Vilaboa. Este é o segundo accidente destas características rexistrado en Galicia esta semana, tras o sucedido o pasado martes en Santa Comba (A Coruña).

Segundo informou o 112 Galicia, o sinistro mortal tivo lugar ás 20,15 horas deste xoves no lugar de Sobreira. Alí acudiu un equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pero nada puideron facer por salvarlle a vida ao home.

Posto que a vítima quedara atrapada debaixo da estrutura da máquina agrícola, foi necesaria a intervención dos bombeiros para realizar os traballos de excarceración. Tras ter constancia dos feitos despois de recibir a chamada de alerta dunha persoa particular, por parte do 112 Galicia solicitouse a intervención dos Bombeiros de Pontevedra e do Morrazo, ademais dos servizos sanitarios.

Ata o lugar tamén se desprazaron os axentes da Garda Civil e membros de Protección Civil da localidade.

Morre un home ao envorcar un tractor agrícola en Valga (Pontevedra).. GARDA CIVIL
Morre un home ao envorcar un tractor agrícola en Valga (Pontevedra).. GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta