Anpas: "a pandemia demostrou que o ensino estaba moito peor do que nos dicía a Xunta"

Alertan da posibilidade de futuros recortes nas escolas do rural co pretexto da crise económica. "Estes centros de ensino deben ser intocables", apuntan.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/07/2020 | Actualizada ás 12:02

Comparte esta noticia

A Confederación de Anpas Galegas chama a protexer os centros escolares do rural de cara á complexa situación educativa que dará comezo, en principio, no vindeiro mes de setembro. E fano ante a posibilidade de que a inminente desaceleración económica sexa "empregada como argumento" dunha nova serie de recortes que, apuntan, xa están en marcha.

Parque e zonas exteriores pertencentes a escolas infantís
Parque e zonas exteriores pertencentes a escolas infantís | Fonte: Eduardo Parra - Europa Press - Arquivo

"Se a situación nestes últimos meses xa foi tremendamete complicada, a situación do rural semella empeorar aínda máis", apuntan nun comunicado no que defenden que os centros de ensino fóra das cidades deben ser "intocables". Por riba, as anpas fan unha defensa aberta da necesidade dun trato compensatorio para unha serie de centros que xa "en circunstancias normais deberan ser obxecto de discriminación positiva".

"A igualdade non é negociable e moito menos no ensino. Cando se reducen os medios materiais e humanos dos centros de ensino rurais vese afectada a igualdade de oportunidades e a equidade na educación" destacan, en alusión a unhas políticas de recortes ás que se opoñen taxantemente. "O rural vai quedar atrás outra vez coa excusa dos números", lamentan.

CUMPLIR A LEI

Fronte a este panorama pouco prometedor para as escolas do rural, chaman ao cumplimento das leis de educación e do desenvolvemento do medio rural, que garanten, entre outros elementos, "o mantemento dunha adecuada escolarización nos medios rurais" ou "a calidade da educación para todo o alumnado, independentemente das súas condicións e circunstancias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta