Sen síntomas entre os cinco anciáns illandos na residencia de Burela

Este cinco persoas foron illadas nas súas habitacións este xoves despois de que unha traballadora do centro dese positivo por coronavirus, o que provocou tamén que cinco empregados estean confinados nas súas casa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/07/2020 | Actualizada ás 14:28

Comparte esta noticia

O cinco anciáns que permanecen illados na residencia de maiores de Burela están nos seus cuartos e non presentan síntomas polo momento, indicaron fontes da Xunta.

Este cinco persoas foron illadas nas súas habitacións este xoves despois de que unha traballadora do centro dese positivo por coronavirus, o que provocou tamén que cinco empregados estean confinados nas súas casas á espera da súa evolución. A muller entrara a traballar ás 15,00 horas para facer unha substitución e ás 16,30 recibiu unha chamada para informarlle do resultado da proba.

Con este positivo, as residencias galegas permanecen con dous casos activos este venres: o da traballadora de Burela e o doutro membro do persoal da residencia de Santa Teresa Jornet .

Un técnico sociosanitario do Centro de Maiores Casabranca Villaverde (Av. de Rafaela Ybarra, 135) leva a un residente á súa habitación catro días despois de que se decretase o fin do estado de alarma polo COVID-19.. Eduardo Parra - Europa Press
Un técnico sociosanitario do Centro de Maiores Casabranca Villaverde (Av. de Rafaela Ybarra, 135) leva a un residente á súa habitación catro días despois de que se decretase o fin do estado de alarma polo COVID-19.. Eduardo Parra - Europa Press | Fonte: Europa Press


As residencias galegas levan sen ter casos positivos de COVID-19 entre os seus usuarios desde o 30 de xuño. Os centros de atención a persoas con discapacidade, pola súa banda, están desde o 13 do pasado mes sen novos positivos nin entre os traballadores nin entre os usuarios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta