Extinguido un incendio en Santiago tras arder tres hectáreas e controlado outro en Quiroga de 10 hectáreas

O lume que afectou á capital de Galicia estivo próximo ao Hospital Clínico.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/07/2020 | Actualizada ás 10:48

Comparte esta noticia

Dous incendios iniciados o venres en Santiago de Compostela e en Quiroga atópanse este sábado extinguido e controlado, respectivamente.

O lume na capital de Galicia, próximo ao hospital Clínico, arrasou tres hectáreas, metade de arboledo e metade de monte raso, na parroquia de San Paio. O incendio en Compostela quedou extinguido ás 9,17 horas deste sábado despois dunhas tarefas nas que participaron catro helicópteros, dous hidroavións, sete motobombas, dúas pas, 15 brigadas e sete axentes.

No caso de Quiroga, o lume está controlado desde as 23,41 horas do venres. A superficie arrasada é de 10 hectáreas de arboredo. Nos traballos participaron neste caso seis helicópteros, catro avións, sete motobombas, 13 brigadas e tres axentes.

Incendio en Rianxo do 26 de marzo de 2019. EUROPA PRESS - Arquivo
Incendio en Rianxo do 26 de marzo de 2019. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta