Aumentan a 45 as hectáreas arrasadas polo incendio que permanece activo na Pobra do Caramiñal

"Todo indica que foi intencionado", di a Consellería de Medio Rural sobre este lume, iniciado de madrugada.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/07/2020 | Actualizada ás 12:43

Comparte esta noticia

O incendio que permanece activo e que se declarou de madrugada na Pobra do Caramiñal (A Coruña) queimou xa máis de 45 hectáreas, segundo as últimas estimacións publicadas en Twitter pola Consellería do Medio Rural.

O lume afecta á parroquia de Lesón, concretamente á aba do monte A Curota, e empezou ao redor das 3,30 horas deste sábado, polo que "todo indica que foi intencionado", tal e como indicou Medio Rural.

Segue activo e para controlalo mobilizáronse ata agora cinco axentes, seis brigadas, cinco motobombas e unha pa. Está previsto, segundo agregou Medio Rural, quese incorporen medios aéreos  "o máis axiña posible" para colaborar nos labores de extinción.

A Consellería lembra que hai un número gratuíto, o 085, ao que os cidadáns deben chamar se detectan algún incendio forestal. Outro teléfono anónimo e gratuíto, o 900 815 085, permite denunciar actividades delituosas incendiarias.

Membro do equipo de extinción de incendios loitando contra o gran lume de Rianxo e Dodro
Membro do equipo de extinción de incendios loitando contra o gran lume de Rianxo e Dodro | Fonte: Miguel Núñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta