A Xunta considera que ir votar sendo positivo por COVID-19 sería unha infracción á Lei de Saúde

En Euskadi advertiuse de que se as persoas contaxiadas acoden ás urnas estarían cometendo un delito.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/07/2020 | Actualizada ás 17:23

Comparte esta noticia

A Xunta considera que ir votar este domingo dando positivo por COVID-19 ou estando á espera de realizar a proba ou con síntomas sería unha infracción da Lei de Saúde de Galicia por desobediencia ás autoridades sanitarias e causar un risco sanitario.

Así o indicaron fontes do Goberno galego este sábado, despois de que Euskadi advertise de que as persoas contaxiadas de coronavirus cometerán un delito se van votar e que isto podería penalizarse.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, insistiu este sábado, tras visitar o centro de prensa habilitado para a xornada electoral, en que as persoas nesta situación non poden deixar mañá a súa corentena para acudir ás urnas e explicou que as autoridades sanitarias puxéronse en contacto con elas -son menos de 300- para comunicarlles a prohibición.

Rueda apelou á responsabilidade destas persoas e sinalou que non haberá un dispositivo de vixilancia específico para impedir que saian dos lugares nos que están illadas.

Urnas. EUROPA PRESS - Arquivo
Urnas. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Ana

Que "virus" TAN terrible que tes que facer un test para saber se o tes. O principal "virus" e o medo, consecuencia da falta de pensamento critico. Propoño que os politicos (e as elites globalistas) que ordenen confinar poboacions cobren a metade e se impoñen bozais (mascarillas) que se fagan responsables das consecuencias para a saude de respirar dioxido de carbono.

1 Ana

¿Pero non ian protexer do "virus" a mascarilla?. ¿Pq enton hai rebrotes?. ¿Pq os "positivos" non poden votar nin coa mascarilla?. ¿Que foi do dereito ao voto de TODOS os cidadans?. Non entendo nada. Rectifico, a verdade e que non creo nada do coronatimo. Ruina economica e control social, de iso vai a "pandemia". Desperdade, NON ao Novo Orde Mundial.