A Xunta destina 1,8 millóns de euros a programas de igualdade e contra a violencia de xénero na Coruña

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/07/2020 | Actualizada ás 19:35

Comparte esta noticia

A Xunta destinará 1,8 millóns de euros a programas de igualdade, fomento da conciliación e prevención da violencia de xénero na provincia da Coruña, publicou esta semana o Diario Oficial de Galicia (DOG).

Tres dos programas destas subvencións están cofinanciados polo Fondo Social Europeo. Inclúese o apoio a catro programas para o fomento da conciliación, a promoción da igualdade, a prevención e tratamento da violencia de xénero, ao funcionamento dos Centros de Información ás Mulleres (CIM) e a accións de sensibilización sobre igualdade e contra a violencia de xénero.

Das axudas benefícianse 76 concellos. Nas medidas de conciliación serán beneficiarias 32 entidades locais, mentres que para pór en marcha iniciativas de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero distribuiranse fondos entre 23 entidades locais.

Os 29 Centros de Información á Muller que agrupan a 53 concellos recibirán apoio para atender a mulleres en situación de especial vulnerabilidade.

016, Teléfono Axuda Malos Tratos, Violencia De Xénero. EUROPA PRESS - Arquivo
016, Teléfono Axuda Malos Tratos, Violencia De Xénero. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta