Controlado o incendio forestal da Pobra tras queimar máis de 47 hectáreas

Medio Rural cre que "foi intencionado".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/07/2020 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O incendio forestal declarado na madrugada deste sábado no termo municipal da Pobra do Caramiñal (A Coruña) quedou controlado na noite da mesma xornada tras queimar máis de 47 hectáreas.

Segundo informou a Consellería do Medio Rural, este incendio, que comezou ás 3,38 horas deste sábado e quedou controlado ás 21,39 horas da mesma xornada, posiblemente "foi intencionado".

Para o seu control foron mobilizados seis axentes, 14 brigadas, sete motobombas, unha pa, catro avións e sete helicópteros.

Incendio
Incendio | Fonte: remitida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta