A Garda Civil intervén nun colexio electoral de Culleredo por discrepancias sobre a súa organización

Os axentes acudiron en dúas ocasións: primeiro, por petición do presidente da mesa; despois, requiridos por unha apoderada do BNG.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/07/2020 | Actualizada ás 17:30

Comparte esta noticia

A Garda Civil desprazouse este domingo en dúas ocasións a un colexio electoral situado no Burgo, en Culleredo (A Coruña), debido a discrepancias dunha apoderada do BNG respecto da organización das votacións.

Fontes próximas ao centro consultadas por Europa Press precisaron que os feitos tiveron lugar ao redor das 10,00 horas, cando o presidente dunha mesa electoral situada no conservatorio municipal contactou coa Benemérita tras ser increpado en varias ocasións por unha apoderada do BNG debido a aspectos da organización da votación.

Posteriormente, ao redor das 14,00 horas, a mesma apoderada requiriu a presenza dos axentes tras percibir que a organización das colas xeradas para acceder ao colexio electoral debido ás medidas de seguridade adoptadas corría a cargo de interventores de varios partidos, en especial o PP.

Deste xeito, esta apoderada do Bloque buscaba que o control dos accesos ao recinto fose asumido por un funcionario da Xunta, o que levou un segundo desprazamento da Garda Civil ao lugar.

Persoas exercen o seu dereito ao voto nas autonómicas do 12-X
Persoas exercen o seu dereito ao voto nas autonómicas do 12-X | Fonte: © Miguel Núñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta