Abrente ou Nós-UP, o dilema da UPG

A forza de Aymerich presenta unha emenda ás teses promovidas pola UPG e rexeita en principio intergrarse nunha lista común.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 16/02/2013 | Actualizada ás 21:36

Comparte esta noticia

Abrente, o grupo máis próximo á socialdemocracia dos que quedan no Bloque, presentará unha emenda ás teses que defende a UPG, o partido comunista máis numeroso na frente. Na próxima Asemblea Nacional do 16 de marzo, que decidirá unha posíbel refundación do BNG, Abrente tampouco se integrará, en principio, nas listas que promove a UPG.

Público no acto de Abrente
Público no acto de Abrente

O voceiro de Abrente Carlos Aymerich confirmou a presentación da emenda no Consello Nacional do Bloque organizado en Compostela. Iso si, Aymerich admitiu que aínda hai posibilidade de pacto, pois queda pendente outro Consello Nacional para votar os textos remitidos hoxe.

Abrente é a forza que acolle aos militantes de Máis Galiza que non marcharon do BNG tras a última Asemblea Nacional. Nesa Asemblea a UPG gañou democraticamente todas as votacións, polo que en principio o partido de Nestor Rego e Francisco Jorquera non debería ter problema para vencer tamén na próxima Asemblea sen o apoio de Abrente. Con todo, hoxe quedou claro que Abrente non está pola integración automática asumindo os postulados dunha práctica máis ortodoxamente comunista e soberanista que propugna a UPG.

Neste xiro, a UPG está a considerar a posibilidade de tentar integrar nunha única forza aos colectivos independentistas que nas últimas décadas se afastaron do Bloque polo súa suposta deriva cada un discurso menos independentista. O portal independentista Galiza Livre confirmou a existencia de conversas tanto con Causa Galiza como con Nós UP. De feito, o Bloque promove unha plataforma pola autodeterminación na que pretende integrar aos independentistas, unha iniciativa inédita no BNG dos últimos anos.

Guillerme Vázquez, admitiu hoxe entre liñas que hai contactos, pero "oficialmente" non. "Outra cousa é que neste país todo o mundo fala con todo o mundo, pero dende o punto de vista de establecemento de conversacións formais, non" declarou en rolda de prensa quen permanece como voceiro até a Asemblea. 

Néstor Rego, actual líder da UPG
Néstor Rego, actual líder da UPG | Fonte: Terra e tempo

De entrada semella que a importante distancia ideolóxica entre a socialdemocracia de Abrente e o soberanismo marxista de forzas como Nós-UP poidan convivir sen roces dentro dunha mesma organización. 

Abrente aposta por un BNG que supere o modelo frontista superando a doble militancia, onde os militantes son membros tanto do Bloque como das súas correntes. Tamén argumenta que, para transformar a sociedade galega, é imprescindíbel tentar acadar máis poder político nas institucións. 

Debate dentro da UPG

Dende a UPG, Jorquera negouse a valorar a emenda de Abrente. O voceiro parlamentario tamén rexeitou debater sobre nomes para substituír a Vázquez, malia que en principio el é o favorito para tal labor. 

Dentro da propia UPG hai un debate intenso sobre como artellar o futuro do Bloque. Mentres unha parte da formación considera que cómpre tender pontes para tentar a medio prazo recuperar a unidade do nacionalismo atraendo aos escindidos de Compromiso por Galicia e Anova Irmandade Nacionalista; outra parte considera que a prioridade é afondar no xiro á esquerda e, de paso, atraer aos independentistas sen ter tanta presa para chegar a acordos con Anova e Compromiso.

A manifestación de NóS-UP o 25 de Xullo de 2011
A manifestación de NóS-UP o 25 de Xullo de 2011
Manifestación de Causa Galiza
Manifestación de Causa Galiza | Fonte: Galiza Contrainfo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 67 comentarios

15 omaio

Se o artigo fala do bng que facedes póñendo a parir a age ,carallo xa,os 4 pés de age defenden a nazón galega ,mais de diferentes xeitos,. Se non fose por vosos antigos compañeiros,onde estaria o nacionalismo,digovolo eu ca metade dos votos,a quen se lle pasa pola cachola elixir a guillerme vazquez no canto de beiras,decatadevos dunha vez,renovade o bng,cona xa.

1 omaio

ehh ,non me veñades,co de iu,etc,para empezar dicia CASTELAO na posibilidade dun estado iberico con 5 nazóns(galiza,portugal,catalunya,euskadiespaña),de ideais republicanos cousa que concorda co planteamento de age,anova seguindo postulados nacionalistas,e eu recollendoos,e ao parecer con grande éxito.

2 Hermerico

Pois sim que che vimos com o de IU. Nom sei como os nacionalistas espanhois podem defender a naçom galega. Podes explicar-mo?

3 Ronsel

Hermerico, os nacionalistas espanhois de IU aceitan o dereito á autodeterminación... acho que IU na Catalunha está a prol da consulta, non sí?

4 Hermerico

Com a boca pequena, de momento dim que estám a favor do referendo, mas se a cousa fosse a sério...Já está CayoLoro a lembrar-nos que nom há nada mais parecido a um nacionalista espanhol de direitas que um nacionalista espanhol "de esquerda". Antes umha Espanha fa cha que umha Espanha rota, como opinam os outros espanholistas

5 mk__

En Catalunya pode ser que Cayo Lara diga o que queira, que quen ten a maior forza é ICV, que non esta en IU. O referente de IU en Catalunya é EUiA, o socio pequeno desa coalición.

14 landra

Home, Nós-UP non pinta moito no nacionalismo nin no país, o dilema máis ben será entre Abrente e o MGS.

1 Peteiro

Pois eu insisto que o MGS é o principal culpable de foder o BNG co seu rollo revolucionario dos anos 70. Porque a Upg na vez de poñelos na rúa foi apropiándose da súa retórica radical. Xa non sei quen é a marca branca de quen. O caso é que a maioría do pobo galego non quere radicalismos senón reformas que lle solucionen os problemas do día a día, e o BNG está perdendo ese espazo.

2 Xian81

Culpabeis de foder o BNG??? Vamos que precisamente o MGS que levan anos dicindo que o Bloque debía xirar á esquerda, retornar ao soberanismo e atraer para o BNG a todo o independentismo galego (Nos-up, Causa G, FPG) agora son os culpabeis de que? Poderáselle acusar de que son poucos, pero non de non ser leais ao BNG e coherentes co que pensan.

13 tros

Parece que ainda queda moito unto

12 CayoLara

O único dilema real é o de escoller entre nacionalismo galego independente ou nacionalismo español subsidiario. NO BNG téñeno claro. En AGE, tamén. Uns son unha forza galega soberana, e outros son o brazo par-vo e rexional do PCE (IU,Chunta, El Verds, Ecogaleguistas, Izquierda Plural, FPG, AGE. EU. IC, Izquierda Xunida, Anova, Irmandiños, Esquerra Unida, Esquerda Unida e moitas marcas brancas máis)

11 Lenguda

Pois sorte para o BNG se vai saíndo algo que permita unir as forzas de toda a esquerda contra o PPSOE. Cada vez estou máis contente de ter a AGE (que non será ningunha marabilla, pero o certo é que ten meses de vida)e conste que persoalmente reinvolucreime nunha forza que nin siquera forma parte dela (polo menos de momento, pero espero que o sexa axiña). Respecto dos comentarios anteriores, son do máis edificante e constructivamente críticos (coma os de "liberal", "peteiro", "príncipe dos mouros"...;). Cando se reciben este tipo de "críticas" é que algo bó debe ter e conservar o BNG.

1 liberal

claro que conserva, de momento 7 escanos e baixando.