Abrente ou Nós-UP, o dilema da UPG

A forza de Aymerich presenta unha emenda ás teses promovidas pola UPG e rexeita en principio intergrarse nunha lista común.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 16/02/2013 | Actualizada ás 21:36

Comparte esta noticia

Abrente, o grupo máis próximo á socialdemocracia dos que quedan no Bloque, presentará unha emenda ás teses que defende a UPG, o partido comunista máis numeroso na frente. Na próxima Asemblea Nacional do 16 de marzo, que decidirá unha posíbel refundación do BNG, Abrente tampouco se integrará, en principio, nas listas que promove a UPG.

Público no acto de Abrente
Público no acto de Abrente

O voceiro de Abrente Carlos Aymerich confirmou a presentación da emenda no Consello Nacional do Bloque organizado en Compostela. Iso si, Aymerich admitiu que aínda hai posibilidade de pacto, pois queda pendente outro Consello Nacional para votar os textos remitidos hoxe.

Abrente é a forza que acolle aos militantes de Máis Galiza que non marcharon do BNG tras a última Asemblea Nacional. Nesa Asemblea a UPG gañou democraticamente todas as votacións, polo que en principio o partido de Nestor Rego e Francisco Jorquera non debería ter problema para vencer tamén na próxima Asemblea sen o apoio de Abrente. Con todo, hoxe quedou claro que Abrente non está pola integración automática asumindo os postulados dunha práctica máis ortodoxamente comunista e soberanista que propugna a UPG.

Neste xiro, a UPG está a considerar a posibilidade de tentar integrar nunha única forza aos colectivos independentistas que nas últimas décadas se afastaron do Bloque polo súa suposta deriva cada un discurso menos independentista. O portal independentista Galiza Livre confirmou a existencia de conversas tanto con Causa Galiza como con Nós UP. De feito, o Bloque promove unha plataforma pola autodeterminación na que pretende integrar aos independentistas, unha iniciativa inédita no BNG dos últimos anos.

Guillerme Vázquez, admitiu hoxe entre liñas que hai contactos, pero "oficialmente" non. "Outra cousa é que neste país todo o mundo fala con todo o mundo, pero dende o punto de vista de establecemento de conversacións formais, non" declarou en rolda de prensa quen permanece como voceiro até a Asemblea. 

Néstor Rego, actual líder da UPG
Néstor Rego, actual líder da UPG | Fonte: Terra e tempo

De entrada semella que a importante distancia ideolóxica entre a socialdemocracia de Abrente e o soberanismo marxista de forzas como Nós-UP poidan convivir sen roces dentro dunha mesma organización. 

Abrente aposta por un BNG que supere o modelo frontista superando a doble militancia, onde os militantes son membros tanto do Bloque como das súas correntes. Tamén argumenta que, para transformar a sociedade galega, é imprescindíbel tentar acadar máis poder político nas institucións. 

Debate dentro da UPG

Dende a UPG, Jorquera negouse a valorar a emenda de Abrente. O voceiro parlamentario tamén rexeitou debater sobre nomes para substituír a Vázquez, malia que en principio el é o favorito para tal labor. 

Dentro da propia UPG hai un debate intenso sobre como artellar o futuro do Bloque. Mentres unha parte da formación considera que cómpre tender pontes para tentar a medio prazo recuperar a unidade do nacionalismo atraendo aos escindidos de Compromiso por Galicia e Anova Irmandade Nacionalista; outra parte considera que a prioridade é afondar no xiro á esquerda e, de paso, atraer aos independentistas sen ter tanta presa para chegar a acordos con Anova e Compromiso.

A manifestación de NóS-UP o 25 de Xullo de 2011
A manifestación de NóS-UP o 25 de Xullo de 2011
Manifestación de Causa Galiza
Manifestación de Causa Galiza | Fonte: Galiza Contrainfo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 67 comentarios

10 Cantos sodes?

Para saber que pensa a UPG non haberá cousa máis doada que asistir ao mitín que o BNG de Pontevedra organiza, asustado coa emerxencia dos indignados pontevedreses, o vindeiro día 21 (Mira que levan gastado en publicidade¡). Os que tomarán alí a palabra serán: Xosé Luís Bará (que ao mellor explica de como se fai para non volver a dar clase nun instituto) Carmen da Silva (que ao mellor aclara de como se cotiza á S.S. traballando exlusivamente nunha organización política) e Miguel Anxo F. Lores (que lles dira aos incodicionais camaradas marxistas leninistas como se "conseguen" premios europeos)

1 Caya Loro

E unha mágoa que non te conviden a ti, para que expliques a todos que coa que está caendo o principal problema do universo é que o BNG non che deu cariño.

9 liberal

Estes upegallos tolearon de todo, de vitoria en vitoria ata o fracaso final, e a marca branca upegalla (rafa villar and friends) o mesmo. son patéticos, coma o comunismo que defenden. están no seu mundo happy de fumetas e hippies, pois que sigan así. o único malo é que teremos socialismo pepero para 20 anos máis

1 Direita Independentista

Há nacionalismo na esquerda?

8 Peteiro

Ou a actual dirección do Bloque toleou definitivamente, ou ben debe ser o Rafa Villar e o seu grupúsculo de batasunos os que dictan hoxe as estratexias do BNG, porque as teses aprobadas veñen sendo as que defendia este personaxe en Amio. Eu fun un dos que me quedei despois da asemblea de Amio pensando que as cousas podían ir a mellor, pero polo que vexo estamos tirando pola borda todo o que se fixo nos últimos anos para convertir o BNG nunha forza de goberno para enfrentar o PP. Logo choraremos polos locais porque os votos nolos levan IU mais Beiras.

1 Cristimil

Obrigado polo de batasuno, peteirinho. Cousas claras, eh?

7 Spidercan

Entendo que non sexan sinxelos os pasos que se queiran dar. Pero non se pode chegar á xuventude combativa con pensamentos e actitudes da "transición". Si o BNG vai ser cara o futuro como só unha marca electoral, paréceme ben. Pero si o que se quere é transformase de verdade e integrarse no texido asociativo cómpre outra estratexia que non sei si será suicida electoralmente ou será unha actitude coherente. Creo que o quiz está entre ser unha marca electoral ou ser coherente.Si queredes xente que trabalhe dende abaixo, tendes que vir ao asociacionismo. Si queredes que os bancos os presten os cartos para campanhas electorais, ide por outros vieiros. Seguiredes sendo sempre xente aos que os queremos. Pero non estaremos con vós ao 100%

1 Spiderparvo

Que saberás ti de asociacionismo? Falas do asociacionismo como se o inventaras ti. Infórma-te de como funciona o asociacionismo na Galiza e mira que está traballando arreo antes de intoxicar.

6 O Príncipe dos Mouros

Socialdemocracia no BNG? Hahaha. Ti pensas que calquera esquerda lunática se pode chamar socialdemocracia?