Beatriz Pino lamenta o avance do nacionalismo: “É unha mala noticia para os galegos”

A candidata á Xunta de Galicia por Ciudadanos apunta que os resultado para a súa formación “non foron bos”.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 12/07/2020 | Actualizada ás 23:50

Comparte esta noticia

Beatriz Pino apostou forte pola súa candidatura con Ciudadanos. Tivo a Arrimadas xunto a ela mais a presidenta do partido a nivel estatal tiña unha maior preocupación pola coalición co PP en Euskadi. Así e todo, Pino seguiu adiante esperando un resultado que lle abrise as portas do Parlamento galego, aínda que fose timidamente. O PP, receoso de que a súa maioría de votantes minguara ante a presenza de Ciudadanos e Vox, puxo en marcha toda a máquina electoral para evitalo. Deu resultado.

A candidata de Ciudadanos á Presidencia da Xunta, Beatriz Piñeiro, exerce o seu dereito ao voto este domingo en Vigo. CIDADÁNS
A candidata de Ciudadanos á Presidencia da Xunta, Beatriz Piñeiro, exerce o seu dereito ao voto este domingo en Vigo. CIDADÁNS

A candidata de Ciudadanos en Galicia non o tiña fácil, ela mesma o recoñeceu este domingo pouco despois de que se fosen perfilando os resultados definitivos. E isto a pesar dos chamados de Susana Villacís, segunda no goberno do Concello de Madrid e Francisco Aguado, segundo no goberno autonómico tamén de Madrid.  Os dous puxeron o exemplo de coalición en ambas as dúas institucións para facer atractivo o programa de Ciudadanos en Galicia. A esta idea Feijóo negárase desde o primeiro momento.

A mensaxe non chegou ao electorado da maneira que eles querían. Beatriz Pino, ademais de recoñecer uns resultados negativos, fixo unha valoración que soaba máis a advertencia, hai “unha mala noticia para os galegos”, o avance do nacionalismo.

Dito o dito, Pino declarou a xeito de descarga que o contexto marcado pola presenza da COVID ía meter medo no electorado. Non obstante, facendo un esforzo de optimismo, quixo deixar claro que Ciudadanos é quen de “ensinar aos galegos” como facer “política útil” de cara a futuras citas electorais e, enviando un aviso a navegantes, apuntou que seguirán abertos na súa formación “ao diálogo”. Iso si, sen renunciar a ser a forza da moderación e de centro que “ten que estar no Parlamento galego”.

Logo dos parabéns a Feijóo, Beatriz Pino quixo deixar claro que non renega, que Ciudadanos en Galicia ten un plan e que “seguirá traballando” para consolidar esta formación nas catro provincias. E, como non, deixar claro quen é o inimigo para ela e a súa formación, porque de agora en diante serán “o muro de contención” contra o nacionalismo. Algo que tampouco conseguiro quitarlle ao PPdeG.


Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta