Caballero, o candidato novato que non conseguiu mobilizar ao antigo electorado socialista

"Os resultados son insatisfactorios, nin os que esperabamos", di o candidato socialista que ecoñece que os resultados electorais non son bos pero anuncia a súa intención de facer oposición os vindeiros catro anos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 12/07/2020 | Actualizada ás 23:48

Comparte esta noticia

Eran as súas primeiras eleccións como candidato pero Gonzalo Caballero non foi quen de mover os marcos do seu partido. E iso que tiña oportunidade de facelo tras o desastre monumental doutro espazo, En Marea, que hai catro anos lle quitara xa moito espazo electoral. Moitos deses electores desencantados marcharon para o BNG e non volveron ao PSOE.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, comparece ante os medios. PSDEG
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, comparece ante os medios. PSDEG

"O PSdeG pasa dun 17 ao 19 con máis de 1,5% máis de apoio e estamos un nivel de apio maior que hai catro anos, pero o resultado é insatisfactorio porque o PP goberna en Galicia e o cambio co PSdeG non se produce", apuntou Caballero nunha rolda de prensa na que recoñecía, en parte, que a noite non fora boa para a súa formación.

De feito, Caballero recoñeceu que era novato nestas eleccións e que quizais, o non ter enfocado a campaña en clave máis persoal, máis na súa figura, como fixeron o BNG ou o PP, pasoulle factura. "Eu veño da universidade. Levo dirixindo este partido dous anos e medio, tivemos moi bos resultados nas locais e xerais. Eu acabo de chegar e non era iso de chegar bicar o santo", recoñeceu.

Con todo, o PSdeG debe tamén reflexionar e tentar buscar o xeito de ilusionar ao seu electorado para non perder fuelle electoral. E iso pasa tamén por non cambiar, novamente, de líder en Galicia. O propio Caballero recoñecía a súa intención de seguir ao fronte do partido estes catro anos e lembraba que, a pesar dos malos resultados de hoxe, nas municipais e xerais do pasado ano, o PSdeG resultou gañador en Galicia.

"Estamos en condicións de cumprir cos galegos desde o Parlamento de Galicia. Os cidadáns falaron e temos que plantexar como mellorar a folla de ruta", dixo ao tempo que lembrou que, a pesar do "sorpaso" do BNG, en 40 anos de Estatuto só houbo un cambio de goberno nas eleccións que foi da man do PSOE. "Haberá que traballar para que o seguinte cambio tamén sexa liderado polo PSOE",  indicou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Enrique Castro

El problema del PSOE en Galicia se basa exclusivamente en la calidad humana del grupo interno que integra el propio PSOE. Llevan así muchos años. Es un grupo endogámico. Profesionalizado. Casi todos/as no han hecho otra cosa en su vida más que hacer política y vivir de las mamandurrias. Cuando el PSOE ganó en Galicia, fue no solo fruto del Prestige, sino fruto de un trabajo de hormiguitas de mucha gente que hoy no queremos saber nada de nada del PSOE en Galicia. El grupo humano que conforma el PSOE en Galicia es un grupo sin ningún tipo de ambición por que no tienen talento, ni conocimiento. No están preparados para gobernar. No hay proyecto, ni liderazgo. En las ciudades se ha visto el resultado. Y ahora nos ofrecerán el enésimo episodio de purgas, peleas, cuchilladas y ostias entre ellos/as.