Un morto en 63 accidentes esta fin de semana

Houbo 78 persoas feridas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/07/2020 | Actualizada ás 11:45

Comparte esta noticia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu a 78 persoas debido a 63 accidentes de tráfico rexistrados durante o fin de semana nas estradas galegas, das que unha morreu.

Segundo informou o 061,, a Central de Coordinación recibiu entre as 15,00 horas deste venres día 10 e as 23,59 horas do domingo 12 de xullo 80 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. O sábado e o domingo foron as xornadas con máis sinistros, con 26 en cada caso.

Os recursos sanitarios mobilizados polo 061 ascenderon a 76. En concreto, as ambulancias realizaron 68 saídas; o helicóptero medicalizado, dous; e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia en seis accidentes.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta