Ciudadanos atribúe ao Goberno central o éxito do nacionalismo en Euskadi e Galicia

Insta aos socialistas a deixar de "branquear" estas forzas a través dos seus pactos.

Por Europa Press / Redacción | Madrid | 13/07/2020 | Actualizada ás 14:46

Comparte esta noticia

A portavoz da Executiva de Ciudadanos, Melisa Rodríguez, culpou o Goberno de Pedro Sánchez dos bos resultados dos partidos nacionalistas nas eleccións autonómicas do País Vasco e Galicia e instouno a deixar de "branquear" a estas forzas a través dos seus pactos.

A candidata á Xunta, Beatriz Pino, e a presidenta de Cs, Inés Arrimadas, en Vigo
A candidata á Xunta, Beatriz Pino, e a presidenta de Cs, Inés Arrimadas, en Vigo | Fonte: Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press

"Pactar con aqueles que non cren no noso país o único que fai é darlles ás", declarou Rodríguez en rolda de prensa na sede de Cs tras a reunión do Comité Executivo do partido, que analizou os resultados electorais.

Segundo sinalou, o PSOE "aínda está a tempo de rectificar" e empezar a "mirar cara ao centro para evitar que os partidos nacionalistas sigan crecendo". Neste sentido, pediulle que "reflexione sobre o branqueaento que se fai a partes da historia e a partidos que nin sequera condenaron as agresións e asasinatos" que cometeu a banda terrorista ETA por motivos políticos.

A portavoz admitiu que, aínda que Cs entrase no Parlamento vasco cun deputado dentro da coalición electoral co PP, a xornada do domingo terminou cunha "mala noite para o constitucionalismo" ante a escasa mobilización do seu electorado e o aumento do apoio electoral ás formacións nacionalistas nas dúas comunidades.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta