E agora que?...O futuro da Galicia distinta de Feijóo despois do 12X

Primeiro foi don Manuel. Agora é o ciclo de don Alberto. Galicia non coñece en 30 anos outro goberno que o do PP, agás o espellismo do bipartito. O control dos medios públicos e dos medios privados, a través de suculentas subvencións, unha oposición fragmentada e unha sólida relación cos líderes empresariais fan que a Galicia, Galicia, Galicia sexa a de Feijóo, Feijóo, Feijóo.

Por Xurxo Salgado | Santiago de Compostela | 13/07/2020 | Actualizada ás 21:50

Comparte esta noticia

"Arde Galicia co lume forestal,
Tamén arden os teus ollos con pupilas de metal
E cando os teus ollos queiman tanto che me ten.
E tanto che me ten, ven! ...
E tanto che me ten
Tacón, tacón, punta tacón"

Alberto Núñez Feijóo con Manuel Fraga
Alberto Núñez Feijóo con Manuel Fraga | Fonte: xunta.gal

Era unha das estrofas de "Galicia, sitio distinto" que a finais dos oitenta e comezos dos noventa puxo de moda Antón Reixa cos Resentidos. Unha Galicia que ardía e se consumía, como hoxe, pero na que todo seguía igual... como hoxe. Era a época de Fraga que estivo 16 anos, ata o 2005. Hoxe é a época de Feijóo, un dos seus alumnos aventaxados, que leva gobernando o país once anos e vai para outros catro, como Fraga.

Pouco cambiou na Galicia distinta logo de 30 anos nos que seguen gobernando os mesmos, co único espellismo dun goberno socialista e nacionalista que durou só catro anos e ao que se encargaron de esfarelar poderes económicos e mediaticos.

Galicia, esa "dona e señora" de Fraga ten un "dono e señor", un PPdeG, que ten as raíces tan fondas que vai ser moi difícil, senon imposible, pensar noutra Galicia distinta a dos Resentidos, a de Fraga e a de Feijóo. Aquela xeración do "Baby Boom" dos 70 e 80 foi a que, conseguiu botar ao fundador do PP. Un fundador do PP que se presentaba a uns quintos comicios xa vello, con 82 anos, e con serios problemas de saúde.

Pero Fraga non perdeu só pola idade, perdeu por un movemento de carraxe que se afianzou primeiro nas cidades e foi medrando paseniño ao son do "Nunca Máis". Un "Nunca Máis" que foi o principio da fin do reinado de don Manuel.

O presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, na reunión Interparlamentaria do partido. PPDEG
O presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, na reunión Interparlamentaria do partido. PPDEG

Pero ese mesmo sentimento non serviu para que a xeración dos "millennials" e a "xeración Z" puidera acabar cos recortes e privatización da sanidade, dos servizos sociais e da educación. A pandemia do coronavirus, lonxe de ser o Prestige de Faga, supuxo un novo trono para Feijóo. Os seus votantes, os vellos e os novos, os impedidos e os de asilo, foron votar. Uns encantados e outros por recomendación. Non importou que zonas de Galicia estiveran confinadas, nin que houbera que agardar longas colas, nin levar máscara, nin gardar distancia de seguridade... nin tan sequera ter medo a coller o becho. Todos e todas foron votar para que don Alberto siga de presidente.

Por que o PP, a diferencia da esquerda, ten un electorado fiel labrado durante anos, ben por control caciquil --do eu che dou e ti me das--, ou ben herdado da Ditadura entre algunha caste social de ben, e non de ben, que pensaba, e aínda pensa, que a esquerdallada se toca o poder vai facer como os comunistas; repartir todo.

E, AGORA QUE?

E, agora, tras 26 anos, menos catro, de gobernos de dereitas e con outros catro novos á vista, que?. Que vai ser da Galicia distinta?.... Probablemente siga tan distinta como sempre, aínda que, con máis privatizacións de servizos públicos que serán "sacrificados" pola fonda crise que xa padecemos. Pero, tanto ten, os galegos e galegas xa están afeitos a "sacrificios", sobre todo, se llos pide a dereita.

E tampouco pasará nada porque o presidente Feijóo, que xa é o segundo Fraga de Galicia, ten controlado o país. Domina os medios públicos, cunha TVG que os grupos da oposición chaman xa "Tele Feijóo", e ten absolutamente controlados os medios privados. Medios como La Voz de Galicia, por exemplo, que reciben anualmente millóns de euros de diñeiro público, como tamén reciben Faro de Vigo, El Progreso, La Región, El Correo Gallego ou El Ideal. Medios que, ademais, coa grave crise que padecemos, vense aínda máis necesitados de diñeiro público para subsistir.

Pero Feijóo tamén coñece ben os grandes poderes do país, tanto, que se precisa respiradores e material médico de urxencia pide axuda a Juan Carlos Escotet, presidente de Abanca, ou a Pablo Isla, director xeral de Inditex, que non tiveron problemas en poñelos a súa disposición. Por iso, aproba de urxencia normas como a Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais que facilitan a implantación de proxectos enerxéticos minimizando os estudos de impacto ambiental, facilita a creación de universidades privadas ou impulsa a venda a multinacionais de empresas galegas, como o fracaso exemplo de Pemex.

E, ademais, conta a favor del que na oposición, ata este ano, non contaba con ningún líder que lle puidera facer sombra e, especialmente, se beneficiaba dunha división da división que alentaba o seu argumento de "ou eu o caos multipartidista". Unha táctica que lle funcionou no bipartito, difundido por medios de comunicación afíns, e que lle segue funcionando agora.

DESTINO... MADRID

Aínda así, Feijóo convence a súa parroquia. Nin as protestas da sanidade, nin as de educación, nin tan sequera a recente pandemia parecen pasarlle factura. Os seus 41 escanos demostran que ten unha electorado fiel ao que os medios afíns machacan co seu perfil de bo xestor, pero ao que ocultan os seus puntos fracos.

Pero Feijóo tamén gusta en Madrid. Tanto que ata os medios progres e de esquerda da capital o apoian crendo que, así, debilita a un Casado que non acaba de convencer a parte do electorado popular pero, sobre todo, a ese establishment económico e empresarial que busca receitas tranquilas ante un goberno "de socialistas e comunistas". Por iso, é probable que don Alberto acabe en Madrid e a súa Galicia, Galicia, Galicia siga sendo distinta ollada desde a capital do Estado. E é que Galicia non deixa de ser un punto de destino de líderes que veñen de Madrid, como Fraga, ou que van a Madrid, como Feijóo.

Ao final, resulta que tamén van ter razón os Resdentidos cando cantaban en "Reconversión Naval" aquilo de: 

Mira nena, uahhh,
Son como o sector naval,uuah
Hei,hei, resistirei.
Hei,hei, resistirei.

Sector naval, napal.
¡reconvertios, recovertios!
De cu, de cu, imos de cu.
De cu, de cu, imos de cu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

4 nostrus

Los de la fe nacionalista estan que no cagan, han roto su techo electoral pero eso no es buena noticia para ellos porque de ahora en adelante todo lo que le toca es bajar. El bloque es un partido de acordeon estirándose y reduciéndose hasta el borde de la desaparicion y en estos momentos se ha estirado más de lo que sus costuras pueden aguantar. España será lo que el conjunto de los españoles quieran que sea y el pueblo gallego, como parte importante del pueblo español, comparte las decisiones y el bloque no es capaz de torcer esa soberania. El BNG engaña al pueblo gallego prometiéndole lo que no es capaz de conseguir. A lo sumo lo único que puede hacer es provocar confrontación y erosionar la convivencia entre gallegos y con el resto de españoles.

3 Ana

Un tertuliano nun medio españolista denuncia o feito de que Galiza non se beneficie de producir enerxia e que quedaramos sen caixas (a diferencia de vascos e catalans). Critica DEMOLEDORA para Feijoo. Por favor buscade o video en youtube co titulo "Especial elecciones Gallegas y Vascas 12-07-2020" (ver dende o minuto 3:02:15)

1 Ana

E posteriormente outro tertuliano respostalle "Si, pero ese seria el discuros del BNG e.."

2 Desfeita

Un medio e un tertuliano de ultradereita, ollo.

3 Xusto

Qué medio?

2 Violeta 4

Con estos análisis tan sesgados Núñez Feijóo ganará hasta los 80 años. En España la televisión es abrumadoramente progre, y es la fuente principal de información y de creación de opinión por parte del público, ya que en este país siempre se leyó poco, y se lee cada vez menos, por lo que lo de las subvenciones a medios de comunicación no vale, sin olvidar que el PSOE-Podemos lo hace de forma masiva a las televisiones públicas nacionales, que son las más vistas en Galicia. De la Telegaita sólo se ve Luar. El problema es que el gallego medio no tiene nada que ver con la UPG, que el líder del PSOE era penoso y que aquí se aprecia mucho algo que podemitas y extrema izquierda amenazan: la propiedad privada.

1 anonimo

Medios progres?? Hahahah Galiza nujca tiv propiedade privada, alonenos a maioría da poboación, ata fai 100 anos, así que cala con ese mantra, ata os 80?? Non neniña,se non se foi pra Madrid xa e porqur non tenen a ninguē máis atrás, extrema que?? Hahah estás moi perdida,vai ler que boa falla che fai

1 anonimo 2

Dados das eleições do 12, 16, 20: 2012: PP 41, oposição 34 (PSdeG 18, AGE 9, BNG 7) 2016: PP 41, oposição 34 (EnMarea 14, PSdeG 14, BNG 6) 2020: PP 41, oposição 34 (BNG 19, PSdeG 15) De verdade não há ninguém nos partidos da oposição que ache que para mudar de governo é necessário convencer os votantes do PP de existe um alternativa melhor? Com a tabela anterior fica claro que o PP está muito satisfeito de que a única mudança é o chefe/a da oposição

1 Casilda

Concordo 100%. Os resultados son o eterno fracaso da alternativa que se contenta co intercambio de cromos e "liderar a oposición". Patética oposición, ridículo presumir do ascenso cando o PP arrasa! Hai dúas alternativas complementarias: convencer a un 20% dos votantes do PP (difícil, non imposible, por estar abducidos polo caciquismo rural e urbano) ou ao 15% das que se absteñen (pedagoxía e marcar a diferenza, non ofrecer un novo clientelismo como se practica desde algúns concellos e con grande descaro polas deputacións "liberadas").

2 Desfeita

Unha observación axeitada. En Galiza hai desde hai tempo dous bloques inamovíbeis, mais a alternativa centrista ou transversal a Feijoo non pode partir da esquerda; Anxo Quintana intentouno e perdeu votos de esquerda sen gañar os da dereita. E o centro galeguista fracasou a cada intento (o último con Marea Galeguista, que desta vez tiña un candidato críbel). Penso que a xente que vota Feijoo (como antes Fraga) non o fai por non ter alternativa, senón porque lles abonda o seu "galeguismo" puramente simbólico, non reflectido nos feitos. E así será entrementres non muden as relacións internas no PP.

3 2tb9

Mesmo de Portugal nos escriben. Qué nivel.

4 Ailalelo

De Portugal?? Cala can castrapeiro!! Nivel non tes ningùn