Activo un incendio en Arteixo e estabilizado outro na Coruña

Por Galicia Confidencial | Arteixo | 13/07/2020 | Actualizada ás 20:21

Comparte esta noticia

Un incendio forestal atópase activo en Arteixo, mentres outro está "estabilizado" --aínda sen controlar-- no Concello da Coruña, en Elviña. Segundo informa a Consellería do Medio Rural, "non hai perigo" para as casas na parroquia de Suevos, en Arteixo, aínda que hai "moito vento" que dificulta as tarefas de extinción.

Lume
Lume | Fonte: © Miguel Núñez.

Traballan na zona dous helicópteros, dúas motobombas e cinco brigadas. En Suevos rexistrouse outro lume este luns, pero non forestal senón en terreo agrícola.

Por outra banda, o incendio declarado en Elviña afecta unha hectárea e media. Está estabilizado desde as 19,32 horas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta