Campaña de prevención contra a COVID en Ourense para evitar a súa expansión

Buscan evitar brotes na cidade ante as cifras poisitivas de contaxios e que se queren manter nese nivel.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/07/2020 | Actualizada ás 14:11

Comparte esta noticia

Cruz Vermella presentou este martes en Ourense a campaña informativa que desenvolven os seus voluntarios desde o día 1 de xullo polas rúas da cidade e principais concellos da provincia co obxectivo de previr a expansión do coronavirus e lembrar consellos básicos para esta época do ano con respecto á exposición ao sol.

Así o explicou este martes o presidente de Cruz Vermella en Ourense, Felipe Ferreiro, durante a presentación da iniciativa no salón de plenos do Concello de Ourense. Un acto no que fixo fincapé en que "a saúde é o prioritario" e, por este motivo, os membros da organización "saen cada día ás rúas para pór a disposición dos nosos veciños, principalmente persoas maiores, a información e medidas necesarias para manterse sempre vixiantes ante o Covid-19".

Neste sentido, desde a organización insistiron na necesidade de "usar máscaras" e, para iso, os seus voluntarios portan todo tipo de material hixiénico que ofrecen de maneira gratuíta aos viandantes que así o precisen co obxectivo de que "redunde non só na saúde, senón tamén no benestar social e económico da poboación".

Neste contexto, o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recoñeceu o "fascinante traballo" que levan a cabo desde Cruz Vermella mediante "accións silenciosas que parecen pasar desapercibidas para gran parte da sociedade pero que resultan fundamentais no espazo ao que non chegan as institucións".

Neste sentido, a actividade presentada este martes enfócase en "sensibilizar e informar as medidas de prevención, á poboación en xeral", segundo explicou a responsable de Saúde e Socoros de Cruz Vermella, Saray Gómez. "A través do contacto coas persoas que nos atopamos na rúa interesámonos en saber que opinan sobre o uso de máscaras e centrámonos en desterrar as ideas erróneas e resolver as dúbidas que moitas veces existen", sinalou.

"Principalmente trátase de evitar rebrotes porque en Ourense levamos unhas boas cifras e queremos mantelas e para iso necesitamos a colaboración da xente", insistiu o responsable de Servizos Preventivos de Cruz Vermella, José Ramón Bayón.

ONDAS DE CALOR

Os voluntarios de Cruz Vermella tamén aproveitan esta campaña, do mesmo xeito que levan facendo desde hai anos, para informar sobre moitos outros aspectos que se producen nesta época do ano como poden ser as "ondas de calor" ou a "operación saída".

Para levar a cabo o seu labor estarán situados nos lugares de maior concorrencia da cidade, desde a rúa do Paseo ata as piscinas municipais de Oira, pasando polas estacións de servizo e as marxes do río.

Cruz Vermella desenvolve en Ourense unha campaña de prevención ante a expansión do coronavirus.
Cruz Vermella desenvolve en Ourense unha campaña de prevención ante a expansión do coronavirus. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta