Condenado a 11 anos de cárcere por abusar dunha menor acollida pola súa filla

O procesado, segundo subliña a Audiencia, tiña "pleno coñecemento" de que a nena tiña 14 anos.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 14/07/2020 | Actualizada ás 18:55

Comparte esta noticia

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a 11 anos de cárcere a un home que abusou sexualmente de forma continuada dunha menor á que a súa filla tiña en acollida.

Ademais, o tribunal impúxolle nove anos de liberdade vixiada, así como a prohibición de comunicarse por calquera medio e de aproximarse a menos de 500 metros da vítima por un tempo superior en nove anos ao da duración da pena de prisión imposta.

O condenado por un delito de abuso sexual continuado con prevalimiento e penetración tamén foi inhabilitado para calquera profesión ou oficio, sexa ou non retribuído, que leve contacto con menores por un tempo superior en cinco anos ao da duración da pena de prisión imposta.

Segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), en concepto de responsabilidade civil, deberá, ademais, indemnizar á menor con 25.000 euros.

"PLENO COÑECEMENTO" DE QUE TIÑA 14 ANOS

O procesado, segundo subliña a Audiencia, tiña "pleno coñecemento" de que a nena tiña 14 anos.

Ademais, os xuíces destacan que mantiña "unha relación familiar" coa menor, quen presentaba "un atraso madurativo acredor dun grao de discapacidade do 35%".

Tribunal
Tribunal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta