Unha chave que abre a porta ao galego no mundo da natureza

O proxecto A Chave presenta unha ampla rede de webs en galego e unha para ampliar os horizontes dixitais da lingua.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/07/2020 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Ampliar o coñecemento da lingua galega para fomentar o seu emprego e valoración. e, sobre todo, ampliar os coñecementos da natureza e do medio ambiente en galego Eses son os obxectivos detrás da iniciativa A Chave, un proxecto dixital que pretende servir como punto de encontro da comunidade galegofalante á par que ampliar os horizontes dixitais dunha lingua maltratada polos motores de busca. 

Captura de pantalla da web achave.gal
Captura de pantalla da web achave.gal

A iniciativa, que cristaliza nunha páxina web homónima, recolle á súa vez unha multitude de portais dixitais que ofrecen contidos de natureza variada, todos eles en galego: dende xornais a telexornais, pasando por radio e publicacións especializadas. Á par dos medios de comunicación, a web da iniciativa comprende ducias de iniciativas e organismos culturais dispoñibles a consulta por parte do usuario: cinema, lingua, ensino, teatro, medio ambiente, etc.

VOCABULARIO ANIMAL E VEXETAL

Á par de servir como índice da comunidade galegofalante na rede, a chave pretende abrir a porta a un maior coñecemento do léxico especializado en galego. Por iso recollen, nun total de 20 coleccións de recursos léxicos que ensinan a formulación correcta en lingua galega de multitude de animais e prantas: dende as algas ós insectos, incluíndo primates e carnívoros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta