Feijóo: "As cousas na Mariña xa van ben"

Non desarta manter aos conselleiros actuais no seu futuro executivo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/07/2020 | Actualizada ás 12:02

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, asegurou este mércores que a continuidade dos membros do seu goberno é unha "baza que non se debe descartar". "Comprometinme a que Galicia funcionase desde o día seguinte ás eleccións e así foi", manifestou.

Nunha entrevista concedida á Radio Galega e recollida por Europa Press tras resultar vencedor dos comicios autonómicos celebrados este domingo, nos que volveu a revalidar a súa maioría absoluta, subliñou que o Executivo galego "funciona" e que "Galicia non se parou".

Neste sentido, aínda que sinalou que lle corresponderá a el decidir os membros que forman o seu goberno tras a súa investidura, prevista para a "última semana de agosto", asegurou que a "continuidade" non é descartable xa que o seu actual equipo ten "un programa" e "experiencia". "A concreción exacta saberémola os últimos días de agosto ou os primeiros de setembro", insistiu.

COVID-19

Na entrevista recollida por Europa Press, o presidente da Xunta en funcións tamén falou sobre a situación da pandemia da COVID-19 para subliñar que "as cousas van indo a mellor". "Entendo que as cousas na Mariña están a ir ben, Burela é o concello con máis problemática pero no resto, hai unha situación de clara melloría de forma continuada e constante", indicou.

Precisamente, en relación ás decisións que a Xunta tomará para facer fronte á situación nesta comarca de Lugo, defendeu a autonómica do comité clínico e dos expertos que o compoñen para abordar este tipo de cuestións, que son "moi sensibles" en materia de sanidade.

Por último, volveuse a mostrar partidario da existencia dun plan nacional para xestionar os rebrotes, así como da modificación da Lei Orgánica de Saúde Pública para dotar de competencias ás autoridades sanitarias para confinar no caso no que sexa necesario e con base en datos obxectivos.

O presidente da Xunta e candidato á reelección polo PP, Alberto Núñez Feijóo, valora os bos resultados obtidos pola súa formación nas eleccións galegas durante a noite electoral do 12J en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (Espa. César Arxina - Europa Press
O presidente da Xunta e candidato á reelección polo PP, Alberto Núñez Feijóo, valora os bos resultados obtidos pola súa formación nas eleccións galegas durante a noite electoral do 12J en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (Espa. César Arxina - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta