O economista Santiago Lago avisa á Xunta: "Ten que facer cambios potentes nas contas de 2021 para frontar a crise"

O coordinador do comité de expertos da Xunta avoga por que a parte económica do Goberno galego gañe peso para afrontar a crise.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/07/2020 | Actualizada ás 12:55

Comparte esta noticia

O coordinador do comité de expertos económicos da Xunta, Santiago Lago, cre que a elaboración dos orzamentos do Goberno galego para 2021 non pode ser "normal", senón que deben incluír cambios "potentes" e "poderosos" de face á reactivación ante a "terrible crise" polo impacto do coronavirus.

A preguntas da prensa este mércores na presentación dun informe sobre as posibilidades do sector 'fintech' en Galicia, Lago reflexionou acerca de que as contas de 2021 non poden basearse en que "o 90 por cento" sexa "igual" que o ano anterior, senón que teñen que incluírse máis modificacións das "habituais".

Sobre a estrutura do Goberno galego, Lago aposta por que a parte económica do Executivo gañe "moita forza" para afrontar a crise, á vez que defende que o departamento de Medio Rural poida "gañar peso" polas oportunidades que ofrece. E é que o tamén director do Foro Económico considera que a Xunta "non pode perder oportunidades" nun escenario no que prevé un aumento de peche de empresas e de ERE.

PROXECTOS TRACTORES, "PEZA CRAVE"

Así, remarca a importancia de fomentar os proxectos tractores como "peza central" para crear emprego, dado que "Galicia xoga por baixo das súas posibilidades", cun "púo" ao mecenado. A este respecto, considera que "é máis fácil" que a Xunta poida implementar estas medidas cunha "maioría absoluta" nun "momento absolutamente extraordinario", polo que chama a ser "optimistas" e que o Goberno galego "concrete a liña que vén anunciando".

Así mesmo, Santiago Lago lembrou que o informe elaborado por expertos económicos recomendaba mellorar cuestións que "non estaban a funcionar ben" como un "exceso de burocracia" ou unha avaliación do uso do gasto público e a súa "rendibilidade social".

Santiago Lago (centro) na presentación dun informe do Foro Económico. FORO ECONÓMICO DE GALICIA
Santiago Lago (centro) na presentación dun informe do Foro Económico. FORO ECONÓMICO DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta