Cortado un carril da autovía Santiago-Brión a causa do incendio de Laraño

O lume encóntrase no suroeste de Santiago e afecta xa a 14 hectáreas.

Por Sara Gil | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/07/2020 | Actualizada ás 13:59

Comparte esta noticia

O lume que comezou na madrugada deste mércores na parroquia de Laraño, en Santiago, obrigou a cortar xa un carril da AG-56 Autovía Santiago-Brión a causa da intensa fumareda, e xa afecta xa a 14 hectáreas.

O incendio de Laraño dificulta a visibilidade dos conductores na Autovía Santiago - Brión
O incendio de Laraño dificulta a visibilidade dos conductores na Autovía Santiago - Brión | Fonte: COPE

O incendio comezou a menos de dous kilómetros doutro incendio que tivo lugar a semana pasada, en Vidán, e que foi provocado. Créese, polo tanto, que tamén este incendio foi "provocado" pola proximidade do xa extinto de Vidán. 

É unha zona que contan con moitas casas, pero polo vento non se veron afectadas. Os bombeiros están traballando na zona, que xa chega as 10 hectáreas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta