Localizan en bo estado a unha anciá que desapareceu da súa domiclio de Moeche este martes

A muller desaparecera o martes pola tarde.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/07/2020 | Actualizada ás 14:42

Comparte esta noticia

Unha muller duns 80 anos foi localizada namañá este mércores tras unha noite de procura en Moeche (A Coruña). Segundo informa o 112, cara ás 10,00 horas, os axentes da Garda Civil comunicaron que a anciá, que desaparecera da súa domilicio na Rúa da Feira, en Moeche.

Foi durante a madrugada cando a familia chamou ao 112 para solicitar máis medios para dar co paradoiro da octoxenaria, á cal non vían desde as 18,00 horas deste martes.

Ademais de informar á Garda Civil, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pediu a colaboración dos membros do GES de Mugardos. E á primeira hora desta mañá, a muller foi localizada en boas condicións físicas.

Con todo, foi sometida a un recoñecemento médico no Punto de Atención Continuada do Centro de Saúde da localidade.

Muller anciá nunha residencia de maiores. XUNTA DE ANDALUCÍA
Muller anciá nunha residencia de maiores. XUNTA DE ANDALUCÍA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta