O BNG pide ao Goberno que se aclare sobre a nacionalización de ALCOA e Alu Ibérica

O deputado Néstor Rego considera inaceptable que o Goberno siga mantendo a reforma laboral, xa que supón facilitar que os actuais ERTE acaben converténdose en despedimentos e empeorar as prestacións.

Por Europa Press / Redacción | Madrid | 15/07/2020 | Actualizada ás 19:47

Comparte esta noticia

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, pediu ao Goberno que se comprometa a nacionalizar Alcoa San Cibrao e a fábrica de Alu Ibérica da Coruña.

Durante o debate dos decretos lei sobre medidas laborais e sobre impulso económico no Congreso, o deputado do Bloque interpelou directamente á ministra de Traballo, Yolanda Díaz, para que aclare se está disposta á intervención da planta.

"Ten ou non a vontade política que vostede dicía, antes de ser ministra, que era o único que facía falta para nacionalizar Alcoa? Convén que o aclarasen, porque é o que están a esperar os traballadores", dixo Rego.

Así mesmo, o deputado nacionalista sinalou que considera inaceptable que o Goberno siga mantendo a reforma laboral, xa que supón facilitar que os actuais ERTE acaben converténdose en despedimentos e empeorar as prestacións.

QUEIXAS POLA REPARTICIÓN DE FONDOS COVID

Así mesmo, o deputado nacionalista criticou os criterios de repartición do fondo COVID de 16.000 millóns de euros por prexudicar "gravemente" a Galicia ao non ter en conta criterios esenciais como a dispersión poboacional, o envellecemento ou o índice de dependencia.

Durante o debate do decreto, varios grupos coincidiron en que a repartición do fondo COVID é "insuficiente" para algunhas comunidades autónomas. Foi o caso, por exemplo, de Foro Asturias, BNG e o PRC, que consideran que o diñeiro destinado a estas rexións non é o adecuado respecto dos criterios establecidos.

Segundo denunciaron estas formacións, co fondo "non se atenderon" as demandas destes territorios para paliar os efectos sociais, económicos e sanitarios que provocou a pandemia do coronavirus.

"Neste decreto, o Goberno volve ignorar a realidade diversa e plurinacional de España", subliñou o deputado do BNG, Néstor Rego. En parecidos termos expresouse o parlamentario do PRC, que recriminou ao Executivo que teña máis peso o criterio poboacional que a dispersión poboacional

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, durante a súa intervención nunha sesión plenaria, a 25 de xuño de 2020. Pool
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, durante a súa intervención nunha sesión plenaria, a 25 de xuño de 2020. Pool | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 MEDULIO

O mellor que pode pasar con ALCOA é pechala e prexubilar a tódolos seus traballadores (sairía máis rendible e menos perxudicial), pois esa empresa, xunto con ENCE, é una das que máis contamina en Galicia e o que non se pode é nacionalizar perdas e contaminación a esgalla mentres se loita ferozmente por impedir a expansión da produción eólica que é unha enerxía limpa, non contaminante. Sigo sen entender que escuros intereses levan a prantexar semellantes paradoxas que na realidade non son máis ca disparates.

1 Currelante

Cousas do BNG. Por un lado ir de verdes con ADEGA e polo outro defender modelos de expolio colonial, nada sostible nin no plano económico, laboral nin ambiental, da man da CIGA. Sonche cousas do BNG, o sócio preferente do PsoEspañol (agora moito mellor posicionado coa caída do postureo podemita). Se o que leva trincado Alcoa fose repartido entre os traballadores, moito gañamos todos!

2 El Ciz

O discurso PP. PSOE. PCE. A cuestión agora é desalambrar ese abrazo de oso que é a proposta de Feijoo de pacto e diálogo e espila diante da cidadanía. Quitarvos a careta