A Xunta mentiu en campaña sobre os datos reais de contaxiados na Mariña: dicía que había 186, cando eran 224

Os profesionais sanitarios xa denunciaron que as cifras de positivos que manexaban a través do sistema Ianus non coincidían coas ofrecidas oficialmente polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Este mércores, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) publicou o auto que valida as medidas adoptadas o pasado día 10 de xullo para illar Burela e recolle un informe oficial do Sergas cos datos novos.

Por Galicia Confidencial | Burela | 15/07/2020 | Actualizada ás 21:43

Comparte esta noticia