Terceiro brote de coronavirus en Galicia: Betanzos xa ten nove positivos

Catro deles son nunha mesma familia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/07/2020 | Actualizada ás 10:38

Comparte esta noticia

Os casos positivos de COVID-19 en Betanzos elévanse a nove --catro deles nunha mesma familia--, tras detectarse outro tres novos nas probas realizadas nas últimas horas. Con este, confirmanse xa tres focos de coronavirus en Galicia; o primeiro en Ribeira, o segundo e o máis importante o da Mariña e este de Betanzos.

Así o confirmaron a Europa Press fontes sanitarias, que sinalaron que entre este mércores e xoves realizáronse 75 probas de entre as que se detectaron tres novos positivos. En concreto, trátase de catro casos nunha familia, aos que se suman dous sen vínculo familiar pero que tiveron relación e outro tres tamén como os dous anteriores.

Por parte da área sanitaria da Coruña e Cee aseguraron a Europa Press que, por mor dos casos detectados en Betanzos, séguense cos rastreos e estudos de contactos de persoas relacionadas.

Sanitarios practicando as probas PCR. EUROPA PRESS - Arquivo
Sanitarios practicando as probas PCR. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta