As reservas dos grupos sanguíneos 0- e A+ mantéñense baixas en Galicia

O próximo luns, 20 de xullo, as unidades móbiles de doazón desprazaránse a diferentes localidades da comunidade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/07/2020 | Actualizada ás 13:09

Comparte esta noticia

As reservas dos grupos sanguíneos Cero negativo (0-) e A positivo (A+) atópanse baixas en Galicia, mentres que as de Cero positivo (0+) están normais e as da negativo (A-) presentan nivel "bo".

Así o informou este xoves a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), que lembra que desde o pasado 23 de marzo habilitouse para as persoas que desexen doar sangue ao teléfono gratuíto 900 100 828 para solicitar cita previa co fin de cumprir as medidas de seguridade debido á crise sanitaria.

O vindeiro luns, 20 de xullo, co fin de facilitar a doazón, ADOS desprazará unidades móbiles aos municipios coruñeses de Ferrol (Covas), A Laracha (Praza do Concello), Malpica (diante do centro cívico) e Santiago (Área Central).

Tamén o luns acudirán unidades aos concellos pontevedreses do Porriño (diante da cafetaría Scala), Gondomar (dentro da estación de autobuses) e Marín (xardíns da Alameda).

Ademais, acudirán unidades para facilitar a doazón na localidade lucense da Fonsagrada (fronte ao museo) e na ourensá da Rúa (diante do Concello).

Doazón de sangue área sanitaria Pontevedra e O Salnés. XUNTA
Doazón de sangue área sanitaria Pontevedra e O Salnés. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta