A Fundación Amancio Ortega di que investiu 95,6 millóns en programas educativos e sociais en 2019

O proxecto de maior volume de investimento é o programa de apoio á oncoloxía pública, cun orzamento global de 310 millóns de euros.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 16/07/2020 | Actualizada ás 13:14

Comparte esta noticia

A Fundación Amancio Ortega destinou 95,6 millóns de euros en 2019 a investimento social en proxectos propios e financiamento a outras institucións, dos cales 12,7 millóns corresponden á área educativa e 82,7 millóns á área social. O resto, 200.000 euros, destinouse a gastos de estrutura, segundo figura nas contas anuais da institución do fundador de Inditex ás que tivo acceso Europa Press.

Na área educativa, a través dos proxectos de xestión propia da Fundación Amancio Ortega, as actividades están dirixidas a máis de 10.000 usuarios directos, co programa de bolsas en Estados Unidos e Canadá, o programa 'Inspiratics' para a Innovación Educativa e o Máster MPXA.

Así mesmo, as accións da Fundación Amancio Ortega na área social execútanse a través de proxectos de colaboración con outras entidades de referencia na atención social (institucións públicas e privadas).

A totalidade do gasto, como en anos anteriores, está cuberto por achegas do fundador, que no últimos cinco anos suman 250,7 millóns de euros. Un diñeiro que logo tamén se desgrava a Facenda.  O investimento social xa comprometida pola Fundación para os próximos cinco anos suma 374 millóns de euros.

O proxecto de maior volume de investimento é o programa de apoio á oncoloxía pública, cun orzamento global de 310 millóns de euros.Así mesmo, a Fundación Amancio Ortega sumouse á loita contra o Covid-19 co programa de apoio sanitario en España. En concreto, a institución puxo en marcha o pasado mes de marzo un proceso de compra de material sanitario para a loita contra o coronavirus e a súa inmediata doazón aos centros sanitarios españois (respiradores mecánicos para UCI, máscaras filtrantes, kits de detección do Covid-19 ou camas hospitalarias).

Amancio Ortega. EUROPA PRESS - Arquivo
Amancio Ortega. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta