A xornalista de Malpica Marta Villar gaña o XXII Premio Tiflos de Xornalismo da ONCE

Por E.P. | Santiago de Compostela | 16/07/2020 | Actualizada ás 18:17

Comparte esta noticia

A xornalista de Malpica Marta Villar, redactora de La Opinión da Coruña, gañou o XXII Premio Tiflos de Xornalismo da ONCE, dotado con 9.000 euros, coa reportaxe 'A miña nai aprende a debuxar'.

Fallo dos Premios Tiflos
Fallo dos Premios Tiflos | Fonte: ONCE.

Diso informou a ONCE nun comunicado, no que explica que esta reportaxe, publicada no xornal no que traballa a autora, recibiu o recoñecemento unánime do xurado entre máis dun cento de presentados.

O xurado valorou a sinxeleza do texto escrito en primeira persoa e "capaz de visibilizar unha realidade". "A nosa vida pode cambiar en calquera momento e obrigarnos a enfrontarnos ao reto de ter que vivir e convivir coa discapacidade", indica o tribunal.

Ademais, tamén destaca o xurado a capacidade de síntese e a emoción que destila o texto, apoiado por unha imaxe potente como son os debuxos feitos pola súa nai, con graves danos cerebrais tras un accidente de tráfico.

"Sen utilizar o sinxelo recurso emocional, o texto consegue esoprecisamente: emocionar ao lector e facerlle reflexionar sobre a existencia, a vida e unha realidade que viven moitas familias", sostén o xurado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 um vecinho de Vilarinho.

do Castro , Leiloio.