Denuncian que Renfe non desinfecta os trens do Eixo Atlántico despois de cada viaxe

O sindicato CXT denuncia que se están "incumprindo os protocolos de limpeza e desinfección que Renfe-Viaxeiros instaurou tras o estado de alarma".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 16/07/2020 | Actualizada ás 19:31

Comparte esta noticia

O sindicato CXT denuncia que Renfe non desinfecta os trens de Media Distancia do Eixo Atlántico despois de cada viaxe e censura que se están "incumprindo os protocolos de limpeza e desinfección que Renfe-Viaxeiros instaurou tras o estado de alarma".

Estación de Guixar en Vigo
Estación de Guixar en Vigo | Fonte: © Miguel Núñez.

"Esta falta de desinfección vén motivada pola rotación de vehículos que cobren os diferentes servizos que están a circular, non existindo tempo material para realizar a desinfección polo persoal de limpeza encargado para iso", explica.

Pon de exemplo que o tren 09073 que sae da Coruña ás 7,00 horas e chega ás 8,33 horas a Vigo, volve saír ás 8,50 para A Coruña, o que provoca que é "imposible realizar o protocolo de limpeza e desinfección establecido".

Da mesma maneira, o tren 09072 sae ás 6,40 de Vigo e chega ás 8,13 horas á Coruña. Volve saír ás 9,00 horas en dirección a Vigo, "polo que tampouco é desinfectado previamente a que suban os viaxeiros".

Tampouco as fins de semana, que circulan os mesmos trens que a diario, todas as salas de viaxeiros e WC dos vehículos son desinfectados tras cada viaxe. De feito, advirte de que a empresa que ten encomendada estas funcións reduce os seus traballadores a un só operario por quenda (mañá e tarde).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta