Extinguido o incendio de Vimianzo tras arrasar unhas 25 hectáreas

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 16/07/2020 | Actualizada ás 20:08

Comparte esta noticia

O incendio no Concello de Vimianzo (A Coruña), parroquia de Berdoias, iniciado o mércores quedou extinguido ás 19,15 horas deste xoves tras queimar unha superficie de 25,64 hectáreas.

Incendio forestal
Incendio forestal | Fonte: Europa Press

Segundo informa Medio Rural, 20 das hectáreas ardidas son de zona arborada, mentres as máis de cinco restantes correspóndense con monte raso.

Para a extinción do lume, desde que se declarou ás 15,47 horas do mércores, traballaron cinco helicópteros, tres avións, 11 motobombas, 19 brigadas, unha pa e un técnico.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta