Interinos denuncian a alta taxa de temporalidade na administración galega

Un grupo de funcionarios interinos protestou mediante uso de cazos para facer ruído diante do Tribunal Superior na Coruña, nunha convocatoria á que asistiron varias decenas de persoas.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 17/07/2020 | Actualizada ás 10:28

Comparte esta noticia

Decenas de funcionarios interinos manifestáronse este pasado mércores diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) convocados pola Plataforma de Empregados Temporais das Administracións Públicas de Galicia (Plategal). O obxectivo era demandar solucións ao seu estado laboral. Durante a concentración, fíxose uso de obxectos para facer ruído e chamar así "atención dos xuíces".

Interinos protestando diante do TSXG
Interinos protestando diante do TSXG | Fonte: Plategal

O motivo de chamar a atención diante do TSXG é "a drobre vara de medir" dos xuíces en canto sentenzas a favor da consolidación de postos de persoal interino. "Hai sentenzas ditadas por xuíces distintos en que un declara fixeza do posto e outra sentenza sae negativa para outro traballador".

Sobre este punto, os interinos declaran que esta cuestión relativa ás sentenzas, demostra unha "división entre a xudicatura" para outorgar ou non a consolidación do posto como fixo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta