No ano do coronavirus aprobaron menos estudantes a selectividade que no 2019

Foron un 88%, fronte ao 91,46% do pasado ano. Houbo que esperar ata ben entrada a noite do xoves para coñecer as notas tras un erro na aplicación Nerta da Xunta.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/07/2020 | Actualizada ás 10:27

Comparte esta noticia

O 87,96 por cento dos alumnos que se presentaron á selectividade este ano en Galicia aprobaron a proba, segundo informou a Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) este xoves. En concreto, o organismo explicou que 12.497 alumnos realizaron os exames da parte obrigatoria da nesta convocatoria e que 10.992 resultaron aptos.

A porcentaxe de aprobados está un pouco por baixo do de anos anteriores (o ano pasado foi do 91,46 por cento), algo que representantes da CIUG atribuíron a que se presentaron un maior número de estudantes porque tamén aprobaron o bacharelato máis persoas que outros anos.

Os resultados dos exames déronse a coñecer este xoves con algo máis dunha hora de atraso (estaba previsto que se publicasen ás 20,00 horas) debido de que a aplicación Nerta da Consellería de Educación, a través da que o alumnado debía acceder para coñecer as súas notas, "colapsou", explicou a CIUG.

Este ano, agregou a comisión, houbo case 1.000 correctores que se ocuparon de revisar case 100.000 exames. A cantidade de persoas que trataban de acceder ao mesmo tempo á aplicación provocou o colapso do sistema, indicou. Desde este venres e ata o día 21 ás 14,00 horas, os alumnos poden solicitar a revisión dos seus exames. Estas peticións resolveranse antes do día 23, cando se publicará a listaxe definitiva de notas.

Ademais, o día 20 ábrese o prazo para a preinscrición nas carreiras que os alumnos desexan estudar, que deben rexistrar por orde de preferencia na súa solicitude ata o día 28.

En total, para esta selectividade marcada polo coronavirus e as medidas de seguridade e hixiene para evitar contaxios, estaban rexistradas 14.559 persoas, das que se presentaron finalmente 14.379, o 98,76 por cento.

As cifras marcaron unha marca de matriculados, posto que para esta convocatoria había ao redor dun 26 por cento máis de alumnos rexistrados para a selectividade que hai un ano.

Estudantes de bacharelato realizan no IES Vilar Ponche os exames selectividade en Viveiro, Lugo, Galicia (España), a 7 de xullo de 2020. Carlos Castro - Europa Press
Estudantes de bacharelato realizan no IES Vilar Ponche os exames selectividade en Viveiro, Lugo, Galicia (España), a 7 de xullo de 2020. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta