Os casos de covid estabilízanse: 3 positivos menos dende o xoves

A área sanitaria de Lugo representa 160 dos 227 totais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/07/2020 | Actualizada ás 12:39

Comparte esta noticia

O número de casos activos de COVID-19 en Galicia descendeu en tres este venres, ata os 227, pero na área sanitaria de Lugo,marcada polo foco da Mariña, mantéñense en 160. En canto ás persoas curadas, aumentaron en 16, ata as 11.034.

Así se reflicte nos datos actualizados este venres pola Consellería de Sanidade, que sinala que, do total de pacientes positivos, mantéñense en seis os que permanecen en unidades de hospitalización convencional --cinco deles, no Hospital da Mariña-- e un na UCI --en Vigo--, mentres que os 217 restantes atópanse en seguimento domiciliario.

Dos 224 casos positivos, tan só se producen incrementos en Pontevedra e Vigo, en cada caso de un só paciente. Por outra banda, Lugo, Coruña e Cee, Ourense e Ferrol mantéñense sen cambios. A caída, pois, ten lugar na área de Santiago, que se libera de 5 contaxiados.

Dentro do total de casos rexistrados en Galicia hai un vinculado con residencias de maiores, segundo concreta Sanidade, que corresponde a un traballador dun centro de Burela (Lugo), mentres os xeriátricos seguen sen usuarios infectados.

Sanidade apunta que, ata a data, curáronse en Galicia 11.034 persoas, 16 máis que a xornada anterior, e faleceron 619 pacientes con COVID. A última vítima foi notificada o 10 de xuño, que se corresponde cun home de 83 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Do total, 274 estaban vinculadas con residencias.

O número de PCR realizadas ata a data na Comunidade galega ascende a 229.082 fronte ás 226.453 contabilizadas ata este xoves, apuntou Sanidade.

Probas de COVID-19 desde o coche nas inmediacións de Burela, Lugo, Galicia (España), a 6 de xullo de 2020. Burela é un dos municipios da comarca da Mariña, onde xa son 119 os casos activos do brote de COVID-19 detectado desde o pasado. Carlos Castro - Europa Press
Probas de COVID-19 desde o coche nas inmediacións de Burela, Lugo, Galicia (España), a 6 de xullo de 2020. Burela é un dos municipios da comarca da Mariña, onde xa son 119 os casos activos do brote de COVID-19 detectado desde o pasado. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta